Ola familias:
Durante este ano 2024, grazas á Deputación de A Coruña, e a subvención de investimentos culturais, puidemos mercar o seguinte material:
- 4 portátiles
- 2 tablets
- 1 pc de sobremesa
- 1 pantalla
O custo total deste material foi de 3.496,04 €. Este presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación da Coruña cunha subvención de 1.600 €.
Con este material realizamos diversas actividades:
Programa dalle unha volta aou teu lecer:
Obradoiros Audiovisuais – Proxecto “Somos”. O colexio desenvolve este ano o proxecto global “Somos cine e TV”, e desde a ANPAcomplementamos esta iniciativa cunha serie de obradoiros audiovisuais en colaboración coa produtora “Algarabía Animación”: Obradoiro de análise de contidos audiovisuais e obradoiros de aprendizaxe audiovisual e creación de contidos.
Obradoiro de mecanografía. En resposta á demanda das familias, realizamos unha actividade de mecanografía, xa que os estudantes cada vez presentan máis traballos en formato dixital, pero carecen dunha correcta formación no uso do teclado. Esta actividade buscou mellorar a súa competencia mecanográfica, evitando malos hábitos na escritura di-
xital.
Podes ver no arquivo adxunto un resumo.
