Investimentos culturais

Ola familias:

Neste ano 2023, grazas á Deputación da Coruña e a subvención de investimentos culturais, pudimos mercar o seguinte material:

– 2 dremmels

– 12 módulos motorbit microbit

– 2 puffs

– 4 bandexas para as mesas de luz mercadas o ano pasado

– Altavoz portátil e microfonía

–  30 Cadeiras-mesas

O custo total deste material foi de 3.230,72 €.  Esta presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación cunha subvención de 2.220 €.

Con este material a nosa rapazada realiza distintas actividades e talleres en horario lectivo:

-Programa dalle unha volta ao teu lecer: Co que tentamos fomentar a lectura no alumnado, cos recunchos de lectura nos que empregamos os puffs e cadeiras-mesas, e tamén as competencias artística, científica…no recuncho steam-lab, no que cada ano tentamos incrementar o material, este ano mercamos 12 módulos motorbit microbit para a programación dos robots .

-Obradoiros Arte con luz: No que se empregan as mesas de luz para que o alumnado de educación infantil traballou a psicomotricidade fina, o pulso, e a concentraciónAdemáis o altavoz e toda a microfonía empregámolas nas festas (magosto, nadal, …), e tamén a pode empregar o propio alumnado no seu tempo de lecer.
Podedes ver todo material no arquivo adxunto.

Por outra banda, tamén mercamos, fora da subvención mencionada, o seguinte material:

– Material de psicomotricidade para Educación Infantil: Círculos sensoriais, tunel de xogo

– Material funxible para o Colaboralab: chapas, láminas, rotuladores para lettering e ilustración

– Material de xogo para Educación Infantil: bicicletas, carretillas xigantes 

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *