Investimentos culturais 2024

Ola familias:

Durante este ano 2024, grazas á Deputación de A Coruña, e a subvención de investimentos culturais, puidemos mercar o seguinte material:

  • 4 portátiles
  • 2 tablets
  • 1 pc de sobremesa
  • 1 pantalla

O custo total deste material foi de 3.496,04 €. Este presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación da Coruña cunha subvención de 1.600 €.

Con este material realizamos diversas actividades:

Programa dalle unha volta aou teu lecer:

Obradoiros Audiovisuais – Proxecto “Somos”. O colexio desenvolve este ano o proxecto global “Somos cine e TV”, e desde a ANPAcomplementamos esta iniciativa cunha serie de obradoiros audiovisuais en colaboración coa produtora “Algarabía Animación”: Obradoiro de análise de contidos audiovisuais e obradoiros de aprendizaxe audiovisual e creación de contidos.

Obradoiro de mecanografía. En resposta á demanda das familias, realizamos unha actividade de mecanografía, xa que os estudantes cada vez presentan máis traballos en formato dixital, pero carecen dunha correcta formación no uso do teclado. Esta actividade buscou mellorar a súa competencia mecanográfica, evitando malos hábitos na escritura di-
xital.

Podes ver no arquivo adxunto un resumo.

Investimentos subvencionados pola Deputación da Coruña

Coeducación Emocional e Comunicación non violenta

Realizamos tres sesións formativas de coeducación emocional e comunicación non violenta.

Da man de Sara Vierna, de Almas Meraki, aprendimos as claves para o acompañamento da infancia para o seu desenvolvemento integral, dende unha perspectiva de xénero e a comunicación non violenta para a rapazada de 3 a 12 anos.

Esta actividade foi subvencionada pola deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

DANDOLLE UNHA VOLTA AO TEU LECER: Obradoiros de cine

Seguimos coas actividades de darlle a volta ao lecer. Desta volta organizamos unha actividade para o alumnado da ESO.

Fixemos 6 sesións de 3 horas cada unha na semana do 10 de xuño. Asistiron 152 alumnos e alumnas da ESO.

Promovendo actividades diferentes para que todo o noso entorno poda disfrutar de propostas diferentes e fomentar o bo uso das novas tecnoloxías. Este ano lanzamos ligado ao Proxecto Somos “o Cine” para todo o alumnado de Secundaria un obradoiro con Algarabia Animación.

Unha forma de empregar e darlle un bo uso ás novas tecnoloxías e as ferramentas que hoxe teñen ao seu alcance sen limitarnos as RRSS e internet, que tanto lle gustan aos nosos rapaces e rapazas.

Tamén nos serviu para reforzar os perigos e as problemáticas ligadas a un mal emprego destas.

Esta actividade realizouse coa finanzación da Deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

DALLE UNHA VOLTA AO TEU LECER: Contancontos en familia

Tivemos unha actividade moi concorrida. Unha vez que abrimos o seu lanzamento xa se completou o aforo da biblioteca.

Neste caso asistiron 27 pais e 33 nenos e nenas na primeiera edición e 28 adultos e 30 nenos e nenas na segunda.

Diurante todo o ano dámoslle unha volta as actividades para que os tempos de lecer sexan tamén de calidade e por iso no 2024 propuxemos uns contacontos na biblioteca para o alumnado de infantil e as súas familias: Contacontos con Susi, onde os nenos e nenas puideron gozar de historias que potencian a imaxinación, o pensamento crítico e a oralidade.

Contacontos con Alba, fomentando o interese pola lectura e a expresión oral mediante historias que fortalecen a creatividade e a comprensión.

Esta actividade puido realizarse grazas á colaboración da Deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Conmemoriación das letras galegas

Para celebrar a festa das letras galegas realizamos unha actividade co alumnado. Participaron 144 de infantil, 298 de primaria, 152 da ESO e 198 pais e nais.

Que fixemos? pois realizamos unha actividade na que empregamos xogos tradicionais galegos de madeira, realizados por carpinteiros chantadinos.

Esta actividade nos serviu para poñer en valor a cultura tradicional galega após da nosa lingua.

Esta actividade se puido facer grazas á colaboración da deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Visita cultural a Coruña Máxica

Aprendizaxe de convivencia mediante a realización dunha actividade cultural familiar:
Visita teatralizada por Suso Martínez do Centro da Coruña, na cal as familias puideron descubrir partes da súa cidade que descoñecían.

Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

O entroido!

No auditorio do Palexco, pero tamén no patio infantil do colexio realizamos unha actividade para poñer en valor o entroido tradicional galego.

Aparte disto promovemos a realización dunha actuación teatral na que as nais e pais representan unha actuación para a comunidade educativa.

Esta actividade non é só para deixar abraiado ao alumnado, se non que tamén serve para establecer vínculos dentro das familias.

Desta volta participamos 125 rapaces e rapazas da etapa infantil, 299 nenas e nenos da etapa de primaria e 200 proxenitores.

Esta actividade estivo financiada pola deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Actividades culturais

Ola familias:

Neste ano 2023, grazas á Deputación da Coruña e a subvención a actividades culturais, pudiemos facer as seguintes actividades:

  • Obradoiro Acompañar e Amar: Construíndo dende o bó trato
  • Vista a Grixalba: Casa do Queixo
  • Obradoiro Cerebro e Xogo con María Couso
  • Ciencia no cole con Xurxo Mariño
  • Conmemoración das letras gaalegas: Xogos populares e concerto de Pakolas
  • Convivencia con xogos populares
  • Dalle unha volta ó teu lecer
  • Celebración do entroido

Podedes ollar sobre cada actividade nas memorias adxuntas.

O custo total destas actividades foi de 7.099,55 €.  Esta presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación cunha subvención de 5.084,44 € para a realización das mesmas.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Actividade: “Campaña do 25N ao 8M”

De novo iniciamos a campaña “do 25N ao 8M”

Esta campaña non sería posible sen a colaboración da consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As actividades deste ano:

  • As mulleres facemos historia: do 8 ao 31 de marzo
  • 8M- Mulleres na historia: 8 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “aprendendo a querer” : 13 de marzo
  • Expectáculo de maxia: 14 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “familias diversas”: 14 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “O ratiño presumido”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito escolar”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito familiar e escolar”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Desmontando o imaxinario disney: xénero e violencia estética”: 17 de marzo
  • Obradoiro temático: “Amor romántico e autociodado: desmontando mitos”: 22 e 23 de marzo.