Cerebro e pantallas

De novo contamos coa neuroeducadora María Couso, que impartiu un Obradoiro sobre “Cerebro e pantallas”.

Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía introdúcese na vida das persoas cada vez a idades máis temperás e as pantallas acompañan as nosas crianzas dende o berce. Mais ¿sabemos realmente cales son as consecuencias cognitivas do seu uso nos primeiros anos de vida?
Moitos pais, nais e profesionais, levados pola falsa creencia de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos nenos neste mundo antes, polo feito de ser “nativos dixitais” pensando que xa están preparados de maneira diferente a cómo o estaban os cerebros das xeracións anteriores.

De ahí a gran importancia de compartir a rigurosidade científica para que nos aporte luz neste asunto e que nos leve a posicionarnos de maneira crítica e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.

O confinamento pola pandemia da COVID agravou o uso/abuso das pantallas. O peor de toda esta situación é que as consecuencias viviranse a largo prazo e, se cabe, xa será tarde.
Neste obradoiro tomaremos conciencia de tódalas consecuencias cognitivas do uso de pantallas nunha idade temperá dende a base neurocientífica e polo tanto obxectiva e fiable.

O Obradoiro foi moi interesante e dinámico. Tivo moi boa acollida e os asistentes xa preguntan polo seguinte Obradoiro de María Couso.

María Couso explicando o obradoiro a un conxunto de xente sentada nas cadeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *