Memoria da saída á casa do queixo
Asemblea!
Ola familias.
O vindeiro venres 30 de novembro terá lugar a Asemblea Anual de Socias. Celebrarase ás 16:15 na aula de 4 de E.P., terá unha duración estimada máxima de unha hora e media.
A orde do día é a seguinte:
- Lectura e aprobación da acta anterior. Estudo e aprobación se procede.
- Presentación da memoria 2017-2018. Estudo e aprobación se procede.
- Balance económico 2017-2018. Estudo e aprobación se procede.
- Orzamentos 2018-2019. Estudo e aprobación se procede.
- Actividades previstas 2018-2019. Estudo e aprobación se procede.
- Presentación da páxina web www.anpacio.org
- Cuestións de interés xeral.
- Rogos e preguntas.
Se queredes que se trate algún tema en particular, ou tedes algunha dúbida sobre algún tema en concreto agradeceríamos que nola enviasedes a anpacio@gmail.com
Asemade, recordámosvos que se deixades os nenos en merendiñas ese día poderán quedar na biblioteca, onde estarán acompañados polo persoal do colexio ata que remate a asemblea. Lembrámosvos que no caso de que quedasen a merendiñas no comedor, o custo é 2.5€, xa os levarían directamente á biblioteca despois da merenda. A hora límite para quedar os nenos e nenas na biblioteca é as 17:30.
Para facer uso deste servizo teredes que apuntar aos nenos e nenas en secretaría como moi tarde o mércores día 28
Vémonos!
Imos á casa do queixo
Bo día familias:
Sabemos que estades desexando facer unha saída en familia, por iso o vindeiro 25 de novembro, convidamos ás familias do cole a poder disfrutar dun día inesquecible.
Pasaremos a xornada na casa do queixo en Grixalba, onde realizaremos distintas actividades.
- Roteiros ós muiños, aprendendo sobre da natureza, a través das lendas e as tradicións.
- Transofrmación do leite en queixo, aprendendo e elaborandoo e desgustandoo ó final do proceso.
- Xincana para coñecer prantas e construcións, así como os seus usos e historia.
- Tamén haberá tempo para divertirnos con xogos dirixidos.
Obradoiro da educación nas tics
Fin do outono
Aquí temos a memoria da conmemoración da fin do outono.
Celebración do Samaín
Memoria da celebración que fixemos do samaín.
Samaín e magosto!
Ola familias,
Xa chega o outono e con él dúas das festas que máis lle gustan aos nen@s, o Samaín e o Magosto.
SAMAÍN
Dende hai uns anos, de xeito espontáneo, moitas familias do cole atópanse no Paseo Marítimo do Burgo o día de Samaín para celebralo cós veciños compartindo comida, xogos, contando contos ….
Dende ANPA ACIO propoñémosvos de novo formar parte desa xuntanza informal e quedar todos no Paseo Marítimo do Burgo e desfrutar dunha tarde en familia.
A ANPA non ten programada ninguna actividade especial, tan só poñemos voz a esa iniciativa co fin de que sexamos moitas as familias do cole que nos xuntemos para gozar desta tradición. .
O lugar de encontro será no Parque do Paseo Marítimo do Burgo o vindeiro mércores 31 de Outubro, normalmente a partires das 18.00h, que xa vai caendo a noitiña, empezan a chegar as primeiras Familias. Esperamos que vos guste a idea. E non esquezades traer as vosas cabazas e lanternas!
MAGOSTO
E se xa estamos metidos no Samaín, chega tamen o magosto, e por suposto, na ANPA ACIO queremos celebralo con castañas, chocolate e biscoito un ano mais.
Propoñémosvos unha xuntaza o venres 9 de novembro no Parque de Celas a partir das 17.00h (como chegar?). Se non chove estaremos no parque, e se chove celebraremos o Magosto na pista polideportiva que está a carón do mesmo.
Prezos | Socios | Non Socios |
---|---|---|
Adultos | 5€ | 8€ |
Nenos | De balde | 5€ |
Se vos inscribides online (neste formulario) e facedes o pago por transferencia o prezo redúcese en 1 €/persoa inscrita que pague. Por exemplo, 2 adultos socios+ 2 nenos socios, se pagan por transferencia, serían 10 €-2€ de desconto= 8 euros
Para esta actividade non recibiredes correo electrónico de confirmación. Todo o mundo que faga o pago darase xa por confirmado.
Tamén poderedes inscribirvos o martes 6 de novembro no hall do colexio e tamén no corredor superior onde están as clases de 3º a 6º EP, as 9.00 e 16.00h.
Vémonos no Samaín e no Magosto!
Obradoiro Educación TICS
Ola familias,
Dende o ano pasado vimos observando que reclamades unha formación para nais e pais sobre internet, redes sociales, videoxogos e distintos recursos que engloban as TIC.
É por iso que vos propoñemos un Obradoiro de Educación das TICS. Grazas a colaboración do Concello da Coruña que puxo en marcha un programa no que puidemos participar.
Dentro do programa inclúense tamén obradoiros de formación para os nen@s da E.S.O., que lles impartirán no colexio.
As prazas son limitadas e, coma sempre, teñen prioridade as asociad@s. De ter moitas máis solicitudes que prazas xerarase unha lista de espera para poder repetir o Obradoiro noutra data.
Unha vez te inscribas terás que esperar a que te confirmemos se tes praza ou non.
O Obradoiro o impartirá Marta Vázquez, Psicóloga, que desenvolve a súa labor coma Educadora Social na Asociación ACLAD.
Os datos do Obradoiro son:
Data de celebración: Venres 19 de outubro
Hora: 17.00-18.30
Lugar: No colexio
Prezo: Gratuíto
Podes facer a preinscripción via formulario web, antes do martes 16 de outubro, no:
Para esta actividade non se poñerá mesa en frente de conserxería para as inscripcións, só se poden facer via formulario web.
Estamos traballando na páxina!
Ola amigos! estamos traballando na páxina. Pouco a pouco veredes novas cousas nela, e poñeremos as actividades que vamos realizando.
Dicídenos o que vos gustaría ver e trataremos de poñelo, se sabemos cómo.
Resumo de actividades do ano
Aquí tendes o que fixemos neste último ano. Preparádevos para o seguinte.