Samaín e magosto!

Ola familias,
Xa chega o outono e con él dúas das festas que máis lle gustan aos nen@s, o Samaín e o Magosto.

SAMAÍN


Dende hai uns anos, de xeito espontáneo, moitas familias do cole atópanse no Paseo Marítimo do Burgo o día de Samaín para celebralo cós veciños compartindo comida, xogos, contando contos ….
Dende ANPA ACIO propoñémosvos de novo formar parte desa xuntanza informal e quedar todos no Paseo Marítimo do Burgo e desfrutar dunha tarde en familia.
A ANPA non ten programada ninguna actividade especial, tan só poñemos voz a esa iniciativa co fin de que sexamos moitas as familias do cole que nos xuntemos para gozar desta tradición. .
O lugar de encontro será no Parque do Paseo Marítimo do Burgo o vindeiro mércores 31 de Outubro, normalmente a partires das 18.00h, que xa vai caendo a noitiña, empezan a chegar as primeiras Familias. Esperamos que vos guste a idea. E non esquezades traer as vosas cabazas e lanternas!

MAGOSTO

E se xa estamos metidos no Samaín, chega tamen o magosto, e por suposto, na ANPA ACIO queremos celebralo con castañas, chocolate e biscoito un ano mais.

Propoñémosvos unha xuntaza o venres 9 de novembro no Parque de Celas a partir das 17.00h (como chegar?). Se non chove estaremos no parque, e se chove celebraremos o Magosto na pista polideportiva que está a carón do mesmo.

Prezos Socios Non Socios
Adultos 5€ 8€
Nenos De balde 5€

Se vos inscribides online (neste formulario) e facedes o pago por transferencia o prezo redúcese en 1 €/persoa inscrita que pague. Por exemplo, 2 adultos socios+ 2 nenos socios, se pagan por transferencia, serían 10 €-2€ de desconto= 8 euros

Para esta actividade non recibiredes correo electrónico de confirmación. Todo o mundo que faga o pago darase xa por confirmado.

Tamén poderedes inscribirvos o martes 6 de novembro no hall do colexio e tamén no corredor superior onde están as clases de 3º a 6º EP, as 9.00 e 16.00h.

Vémonos no Samaín e no Magosto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará