Subvención de actividades culturais da Deputación da Coruña

Ola familias:

Neste ano 2025, grazas á Deputación da Coruña e a subvención a actividades culturais, realizamos as seguintes actividades:

  • Celebración do entroido
  • Obradoiro Acompañando emocionalmente á adolescencia de Almas Meraki con Sara Vierna
  • Obradoiro de “Fomento dunha correcta alimentación” coa nutricionista de ABAC
  • Conmemoración das letras galegas: Xogos populares e 2 obradoiros de música tradicional (Pablo Diaz e Cantareiras Do Ribes)
  • Dalle unha volta ó teu lecer.
  • Contacontos na biblioteca con Alba Ares de @cuentistatrapecista
  • Obradoiro de Arte con Gosia Trebacz
  • Convivencia e Romeria remate de curso na Torre de Celas. Actuación de PAKOLAS

Podedes ollar sobre cada actividade nas novas desta web.

O custo total destas actividades foi de 6307,30€.

Esta orzamento cubriuse en gran parte grazas á Deputación da Coruña grazas a unha subvención de 4095,95 € para a realización das mesmas.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Romaria Fin de Curso na Torre de Celas

Coma ven sendo habitual realizamos unha convivencia con xogos na torre medieval de Celas.

Mesturámonos para xantar, bailar, tocar distintos instrumentos e amenizar a xornada con xogos populares.

A ANPA nesta ocasión organizou unha actuación a cargo de Paco Cerdeira, que puxo o remate perfecto a unha xornada de convivencia cos temas de “As mais molonas de Pakolas”. 

Esta actividade, na que participaron preto de 100 familias, estivo subvencionada pola deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Obradoiro de Arte

Dende o seu estudio Gosia Trebacz trouxonos unha maña de sábado creativa. Sobre un soporte de gran formato en famila cos nosos nenos e nenas creamos tres cadros baixo a nosa visión e empregando tecnicas de acrilico con brocha e rodillo. 

Pasamolo moi ben tanto nenos coma maiores 🙂

Esta actividade se puido facer grazas á colaboración da deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Contacontos en familia

Aquí estamos de novo, familias:

Tivemos unha actividade moi concorrida. Nesta ocasión un contacontos con Alba do proxecto @cuentistatrapecista, fomentando o interese pola lectua e a expresión oral mediante hisoria que fortalecen a creatividade e a compresión.

Esta actividade se puido facer grazas á colaboración da deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Conmemoriación das letras galegas

Ola Familias!

Para celebrar a festa das letras galegas realizamos varias actividades co alumnado. Participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. Estes últimos acompañados da súas familias.

Tendo en conta que este ano foi adicado ás cantareiras e pandereteiras en infantil realizamos dous obradoiros de música tradicional con Pablo Diaz e coas cantareiras Do Ribes. Achegando ese conocemento aos mais pequenos do cole.

E que fixemos en Primaria? pois realizamos unha actividade na que empregamos xogos tradicionais galegos de madeira, realizados por carpinteiros chantadinos.

Esta actividade nos serviu para poñer en valor a cultura tradicional galega após da nosa lingua.

Esta actividade se puido facer grazas á colaboración da deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Obradoiro ABAC: Fomento dunha correcta alimentación

Nesta ocasión foi a nutricionista de ABAC a que nos impartiu o obradoiro. Sabemos que é un tema moi importante dende moi pequenos, cómo enfocar o tema da comida.

Unha mala relación con ela pode levarnos a un trastarno moi complexo. Aprendemos a cómo detectalos e cómo elaborar un bo menú, como facer que esa relación sexa boa. Vimos os mitos e os referentes bos e malos nas redes sociales, tan cercanas aos nosos nenos e nenas. 

Esta actividade se puido facer grazas á colaboración da deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Campaña 25N ó 8M.

Como ven sendo habitual todos estes anos, repetimos a campaña do 25N ó 8M.

Esta campaña non sería posible sen a colaboración da Consellería de política social e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o pacto de estado contra a violencia de xénero.

Pacto de estado contra la violencia de género
Ministerio de igualdad
Xunta de Galicia. Consellería de política social e igualdade.

Dende a ANPA colaboramos co centro facendo diferentes actividades para todos os cursos do centro, sempre poñendo o foco na igualdade.

Podedes ver as actividades deste ano no cartafol axunto.

O Entroido!

No auditorio do Universidade de Ciencias da Educación, pero tamén no patio infantil do colexio realizamos unha actividade para poñer en valor o entroido tradicional galego.

Aparte disto promovemos a realización dunha actuación teatral na que as nais e pais representan unha representación  para a comunidade educativa.

Esta actividade non é só para deixar abraiado ao alumnado, se non que tamén serve para establecer vínculos dentro das familias.

Esta actividade se puido facer grazas á colaboración da deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Acompañando emocionalmente á adolescencia.

Bo día, familias:

Realizamos 5 sesións formativas de acompañando aos nosos adolescentes e comunicación non violenta.

Da man de Sara Vierna, de Almas Meraki, aprendimos as claves para o acompañamento da adolescencia para o seu desenvolvemento integral, dende unha perspectiva de xénero e a comunicación non violenta para a rapazada de 10 a 16 anos.

Esta actividade se puido facer grazas á colaboración da deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Investimentos culturais 2024

Ola familias:

Durante este ano 2024, grazas á Deputación de A Coruña, e a subvención de investimentos culturais, puidemos mercar o seguinte material:

  • 4 portátiles
  • 2 tablets
  • 1 pc de sobremesa
  • 1 pantalla

O custo total deste material foi de 3.496,04 €. Este presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación da Coruña cunha subvención de 1.600 €.

Con este material realizamos diversas actividades:

Programa dalle unha volta aou teu lecer:

Obradoiros Audiovisuais – Proxecto “Somos”. O colexio desenvolve este ano o proxecto global “Somos cine e TV”, e desde a ANPAcomplementamos esta iniciativa cunha serie de obradoiros audiovisuais en colaboración coa produtora “Algarabía Animación”: Obradoiro de análise de contidos audiovisuais e obradoiros de aprendizaxe audiovisual e creación de contidos.

Obradoiro de mecanografía. En resposta á demanda das familias, realizamos unha actividade de mecanografía, xa que os estudantes cada vez presentan máis traballos en formato dixital, pero carecen dunha correcta formación no uso do teclado. Esta actividade buscou mellorar a súa competencia mecanográfica, evitando malos hábitos na escritura di-
xital.

Podes ver no arquivo adxunto un resumo.

Investimentos subvencionados pola Deputación da Coruña