Conmemoración do San Martiño

Conmemoramos unha nova tradición galega, desta volta, a celebración do magosto. A fin de semana próximo ao San Martiño reunímos ás familias do colexio no parque de Celas.

Tomamos un chocolate quentiño, biscoito e as tradicionais castañas.

Esta celebración nos permite coñecer ás familias que entran novas e facer piña co resto da comunidade.

Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Convivencia xogos populares!

Realizamos unha convivencia con xogos populares na torre medieval de Celas.

Mesturámonos par xantar, bailar, tocar distintos instrumentos e amenizar a xornada con xogos populares.

A ANPA organizou unha búsqueda do tesouro e unha xincana para a rapazada que tiña que ir completando unha serie de probas.

Esta actividade, na que participaron 180 pais e nais e 151 nenos e nenas, estivo subvencionada pola deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Conmemoriación das letras galegas

Para celebrar a festa das letras galegas realizamos unha actividade co alumnado. Participaron 144 de infantil, 298 de primaria, 152 da ESO e 198 pais e nais.

Que fixemos? pois realizamos unha actividade na que empregamos xogos tradicionais galegos de madeira, realizados por carpinteiros chantadinos.

Esta actividade nos serviu para poñer en valor a cultura tradicional galega após da nosa lingua.

Esta actividade se puido facer grazas á colaboración da deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Letras galegas

Valorizamos a língua, cultura e tradicións de Galicia a través dos festexos das letras galegas e coa actuación do grupo “Migallas” na etapa de educación infantil, que levou a cabo o espectáculo “Cantaxoga”.

Estaba previsto facer unha actuación na etapa de primaria pero por motivos organizativos do centro decidiuse non facer a actuación pois a propia celebración do colexio non deixaba tempo para facelo.
Polo protocolo covid vixente nese momento non puidemos as nais e pais acompañar á rapazada no concerto, que sería o habitual

A rapazada quedou encantada. A música e o teatro son un método de achegar a língua á cativada que sempre ten moi boa acollida.

Booooh

Se pensabades que iamos deixar pasar estas datas sen propoñervos
nada… estades tolos!
Esta fin de semana celébrase o Samaín, unha festa que nos entusiasma!
Coma este ano non nos vamos poder xuntar para facer festa, que vos parece se nos enviades unha foto dos vosos terroríficos calacús, da vosa rapazada desfrazada, ou do voso xeito especial de celebración neste ano?

Que a Covid non nos quite as ganas de festa!

Con todas as fotos recibidas faremos unha terrorífica montaxe que de seguro nos vai a encantar.
Podedes enviar as vosas fotos ata o luns 2 de novembro (incluído). Obviamente, non teñen que ser fotos directas dos nenos, podemos xogar cos ángulos, puntos de vista, e poden ser tamén sobre todo o que argalledes nesta finde, máscaras , calacús… dádelle o maxín!
De todos os xeitos, xa sabedes que sempre coidamos moito as fotos que empregamos e que non as imos a difundir en ningún medio, rede social ou similar, tan só as empregaremos para facer a montaxe que enviaremos a soci@s.


A ver se conseguimos arrancar un sorriso nestes días tan complicados.

Apertas dende o alén!!

Chega o entroido!!!

Bo día familias,

Como ven sendo tradición polo Entroido, as nais e pais máis marchosos gostamos de facer unha actuación para as nosas crianzas. Algo que nin pequenos nin maiores esquecemos. Así que vos convidamos a pasalo ben creando, ensaiando e actuando para as persoas máis queridas do cole.
Se isto vai contigo e queres colaborar, manda un mail esta semana a anpacio@anpacio.org, indicando o teu nome, número de móvil (dando consentimento para meterte nun grupo de whatsapp so empregado para o entroido), o nome das túas crianzas e o nome  da aula a que pertencen.

Veña, anímate a pasalo ben con nos!

Unha aperta,
ANPA ACIO

FESTA!

Ola familias,

Coma xa sabedes o vindeiro domingo 30 de xuño poderemos gozar, un ano máis, da nosa tradicional Romaría con comichona, xeados e xogos.

O lugar de celebración da Romaría será o Parque da Torre de Celas de Peiro. Podedes ver como chegar neste mapa.

Lembrade que tedes a opción de contratar uns menús moi completos (empanada, croquetas, tortilla de patacas, pan e biscoito) ou levar a comida da casa.

Ademáis contaremos coa tradicional pulpeira e o tan exitoso carriño de xeados.

As bebidas (auga e cervexa), son de balde para todos os asistentes.

Este ano seguiremos traballando coas nosas fillas o respecto ao medio ambiente, polo que NON se darán pratos nin vasos de plástico. As familias que reserven menú terán que levar pratos e vasos para retirar os seus menús e bebidas.

Animádevos a participar coas vosas fillas no CONCURSO DE SOBREMESAS. Haberá agasallo de participación para todos os participantes, e 3 premios: MELLOR SABOR, MELLOR PRESENTACIÓN e MÁIS ORIXINAL. Lembrade que as sobremesas non deberán precisar neveira.

Contaremos ademais con xogos cos que podemos compartir momentos divertidos en familia.

Podedes facer a inscripción vía web na seguinte ligazón, antes do 20 de xuño, ou na entrada do colexio o vindeiro xoves 20 de xuño no horario habitual (entrada e saída dos nenos).

Se fas a inscrición online ofrecémosche a posibilidade de pagar en metálico ou por transferencia. Se optas por facer transferencia terás que enviar o xustificante da mesma a anpacio@gmail.com antes do día 20 de xuño. Aínda que a inscripción a fagas vía web, debes recoller os cupóns para canxear os menús, cervexa e racións de polbo o xoves 20 de xuño no cole.

Por favor, se coñecedes algunha familia non socia de ANPA ACIO interesada en inscribirse vía web dicídelle que pode esta ligazón

Os prezos son:

ActividadeidadesociosNon socios
ParticipaciónAdultos3€10€
ParticipaciónNenosde balde6€
Menú
(opcional)
Todos8€13€
Pulpo
(opcional)
Todos10€15€

Agardamos que vos apeteza compartir co resto da familia Andaina este día de festa!!!

Recomendacións:
Levade manteis ou toallas para comer no chan, e podedes levar algo para poñer debaixo das mantas co fin de que non se mollen.
Levade mudas de roupa aos nenos e os maiores, e tamén pistolas de auga ;).

Non esquecerse de tirar o lixo.

Romería, romería

Ola familias,
Chegou o momento que estabades a desexar. Chega a tan esperada Romería de fin de curso, e despedir por todo o alto este fantástico ano escolar de Fantasía, así que imosvos dar a data para que a poidades axendar.
A Romería celebrarase no parque da Torre de Celas o vindeiro Domingo 30 de xuño. Si, sabemos que este ano vaise celebrar máis tarde do habitual, mais despois dunha serie de problemiñas é a data que nos facilitou o Concello para esta ocasión.
Esperamos contar igualmente con todas as familias!
Aínda nos quedan uns flecos por concretar, polo que dentro duns días enviarémosvos toda a información sobre a Romería e a ligazón para poder inscribirse.

Vémonos na Romería!

Estamos a preparar o entroido

Estamos a preparar a nosa actuación do entroido. Este ano imos facer unha obra propria cunha temática fantástica. Unha obra que perdurará no imaxinario xeral.

Como seguro que queres participar, se aínda non o fixeches, únete a nos, fala con calqueira de nos por calqueira das canles oficiais porque temos un sitio pra ti.

Tamén podes vir á biblioteca o venres 22 e vemos como buscarte sitio.