Bo día familias:
Sabemos que estades desexando facer unha saída en familia, por iso o vindeiro 25 de novembro, convidamos ás familias do cole a poder disfrutar dun día inesquecible.
Pasaremos a xornada na casa do queixo en Grixalba, onde realizaremos distintas actividades.
- Roteiros ós muiños, aprendendo sobre da natureza, a través das lendas e as tradicións.
- Transofrmación do leite en queixo, aprendendo e elaborandoo e desgustandoo ó final do proceso.
- Xincana para coñecer prantas e construcións, así como os seus usos e historia.
- Tamén haberá tempo para divertirnos con xogos dirixidos.