Chegamos coa segunda edición do noso concurso audiovisual.

O obxectivo e a presentación dun proxecto sobre algún tema ambiental.
Teremos 3 categorías: pictórica, fotográfica, curtametraxe.
Pode ser individual ou en grupos (máximo 6) e teremos ata o 27 de maio para entregar os traballos.
Os proxectos presentaranse á comunidade educativa e votaremos entre todos os favoritos durante unha semana. Logo presentaremos os resultados e repartiremos os premios ás gañadoras.

Esta actividade non sería posible sen a colaboración e o apoio da subvención de Actividades Culturais da Deputación de A Coruña.
