Disciplina positiva, segunda parte.
Ola familias,
tras o éxito do obradoiro de Disciplina Positiva do ano pasado e as múltiples solicitudes para facer o segundo obradoiro desta materia, o vindeiro mes de febreiro Bibiana Infante voltará a estar con nós para afianzar a Disciplina Positiva.
Nesta ocasión farase un obradoiro de reforzo e práctica da Disciplina Positiva, profundizarase nesta metodoloxía educativa para a resolución de problemas cotiás (pelexas, celos, rutinas, tarefas, berros…).
1ª Xornada– Prácticar Ferramentas para a Conexión antes que a Correción nos problemas cotiás
2ª Xornada – Afianzar o enfoque en solucións. Asumir a nosa responsabilidade. Entender o proceso do cambio.
Datos de interese:
Datas de celebración: Venres 8 e 22 de febreiro
Horario: De 17.00-19.30
Prezo: Socios 15 €/persoa. Non socios 25€/persoa
Asistentes: Mínimo 20, máximo 40. Adxudicaranse as prazas por orde de inscrición, tendo preferencia os soci@s da ANPA.
Podedes facer a vosa inscrición a través da seguinte ligazón:
Nesta ocasión o pago será realizado por transferencia e a inscrición soamente poderá ser via formulario online. Non se poñerá mesa da ANPA no corredor do colexio.
Por favor non realicedes ningún pago ata que vos confirmemos a vosa praza. Un saúdo