Ola familias!

ANPA ACIO, é una asociación que, grazas á colaboración de máis de 200 familias, cumpre unha importante función dentro da comunidade educativa
do noso colexio, apoiando ao centro e exercendo de ponte entre as familias
e este.
O obxectivo principal da nosa asociación é promover, informar, potenciar e
propoñer actividades de formación, dirixidas a nais e pais, dentro do
encadrado na “escola de nais e pais”, coma actividades de tipo cultural,
social, recreativo ou deportivo para as familias ao completo.
Outro dos obxectivos é promover as relacións entre todas as familias do
cole, para o cal se organizan distintas propostas ao longo do curso en forma
de festas, saídas e convivencias. A máis significativa é a Romaría de fin de
curso, onde os nenos e nenas gozan dun día de lecer ao aire libre,
compartido entre moitas familias.
Cremos, ademáis, que é fundamental a nosa colaboración nas actividades
educativas do centro.
Co fin de poder seguir traballando nesta liña, convidámosvos a todas as
familias a formar parte de ANPA ACIO. É moi sinxelo, tan só tedes que
cubrir o formulario de inscrición e deixalo no buzón da ANPA ou envialo ao
noso correo anpacio@gmail.com.

Vémonos no cole!!!

Quen somos?

Pais e nais de nenos e nenas de Andaina. Cos mesmos problemas que tes ti, coas mesmas dúbidas, o que queremos é que as nosas fillas e fillos se sintan o mellor posible no cole, e tamén as nais e pais. E divertirnos xuntos 🙂

A Xunta Directiva de Anpa Acio está formada actualmente por 8 nais e pais. Os nosos fillos e fillas pertencen a distintos cursos, polo que estamos bastante sensibilizados coas distintas realidades que poden xurdir na comunidade educativa en todos os niveis.:

  • Presidenta: Corona Romero Rodríguez, nai de Antón (1º E.S.) e Ana (1º E.P.)
  • Vicepresidenta: Zeltia Iglesias Silvestre, nai de Mara (6º E.P.) e Alicia (2º E.P.)
  • Secretario: Rafael Pérez Núñez
    Pai de Ainara (5º E.P..), Leila (3º E.P.) e Luca (5 E.I.)
  • Tesoureiro: Alberto Sánchez Bardanca, pai de Óliver (6º E.P.) e Arale (3º E.P.)
  • Vogal: Rebeca Eiroa Santos, nai de Lucas (2º E.S.) e Leo (1º E.S.)
  • Vogal: José Antonio Vázquez Freire, pai de Aldán e Tania (6º E.P.)
  • Vogal: Pablo Mourelo Novo, pai de Blanca (4º E.I.)
  • Vogal: Ismael Blanco Bouza, pai de Gael (3º E.P.) e Viana (5º E.P.)
  • Vogal: Lúa Gómez Miraz, nai de Breixo (1º E.P.) e Breogán (5º E.I.)
Aproveitamos para contarvos un pouco “por riba” como funciona a nosa asociación.
Todos os anos, durante o primeiro trimestre do curso escolar, celebrase a Asamblea Xeral Ordinaria, na que se reúnen as socias e socios para que a Xunta Directiva, entre outros, se presente o balance económico, a memoria de actividades e novas propostas para o curso escolar. Asemade, cada dous anos celébranse eleccións para escoller a Xunta Directiva.
Ademáis da Asamblea Xeral de Socias, a ANPA comunícase mediante correos electrónicos e poñendo cartelería en todas as aulas do centro para que as familias poidan enterarse das actividades que estamos a realizar. Normalmente eses correos electrónicos tamén son reenviados a través dos distintos whatsapps das aulas.
En relación aos socios e socias, as distintas canles de comunicación que podedes ter con nós son: falar directamente cun membro da Xunta Directiva; facer uso do buzón da Anpa situado en frente de Conserxería, ou ben mandar un correo electrónico a anpacio@anpacio.org ou  anpacio@gmail.com. Deste xeito podedes trasladar calqueira inquedanza, idea ou suxerencia que teñades e, se é preciso podedes concertar unha cita con nós para falar directamente.
En relación ao Colexio, un dos membros da directiva da ANPA, pertence ao Consello Escolar. Igualmente, mantemos contínuas reunións ao longo do ano coa Dirección do Colexio. Así garantimos a representación das nais e pais no Centro, tentando colaborar para que a coordinación entre familias e centro sexa aínda máis fluída.
O custo por asociarse á ANPA é de 35€ anuales por familia, e cada ano renóvase automáticamente. Ser socia da ANPA permite ter prioridade á hora de inscribirse nas actividades e que éstas teñan un custo menor para vos.

Novas

Obradoiro Conéctate con Cabeza

Desta volta realizamos o obradoiro “conéctate con cabeza”. Esta formación foi impartida por Jeanne Costa a través de SEDRA-Federación de Planificación Familiar. Esta campaña non sería posible sen a colaboración da consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado …

Actividades culturais

Ola familias: Neste ano 2023, grazas á Deputación da Coruña e a subvención a actividades culturais, pudiemos facer as seguintes actividades: Podedes ollar sobre cada actividade nas memorias adxuntas. O custo total destas actividades foi de 7.099,55 €.  Esta presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación cunha subvención de 5.084,44 € para a realización …

Contacto

Podes falar con nós os venres ás 15.00. Normalmente estamos no comedor dos profes, ó lado da biblioteca. É máis cómodo para todos se nos avisas antes e confirmamos que estamos, non vaia ser que xusto ese día non teñamos reunión. 

Se ves que non podes, mándanos unha mensaxe e seguro que atopamos un momento para vernos.

E se non, coma sempre, nos corredores do cole 😉 imos  buscar ós nenos e nenas igual ca ti. Ou se prefires, déixanos a túa mensaxe en: