Ola familias:
Neste ano 2025, grazas á Deputación da Coruña e a subvención a actividades culturais, realizamos as seguintes actividades:
- Celebración do entroido
- Obradoiro Acompañando emocionalmente á adolescencia de Almas Meraki con Sara Vierna
- Obradoiro de “Fomento dunha correcta alimentación” coa nutricionista de ABAC
- Conmemoración das letras galegas: Xogos populares e 2 obradoiros de música tradicional (Pablo Diaz e Cantareiras Do Ribes)
- Dalle unha volta ó teu lecer.
- Contacontos na biblioteca con Alba Ares de @cuentistatrapecista
- Obradoiro de Arte con Gosia Trebacz
- Convivencia e Romeria remate de curso na Torre de Celas. Actuación de PAKOLAS
Podedes ollar sobre cada actividade nas novas desta web.
O custo total destas actividades foi de 6307,30€.
Esta orzamento cubriuse en gran parte grazas á Deputación da Coruña grazas a unha subvención de 4095,95 € para a realización das mesmas.















