As amigas de Atalaia Social impartiron un obradoiro nos grupos do terceiro ciclo de educación primaria. Fíxose un obradoiro diferencial para nenos e nenas onde, a través dunha metodolixía socio afectiva, se trataron cuestións que afectan á identidade propia de cada sexo
O obradoiro estivo facilitado por un educador: Juanjo Lorenzo Castiñeiras, Doutor en ciencias da educación, sociólogo e especialista en intervención socioeducativa en feminismos, e unha educadora: Noelia Darriba García, educadora social e psicoterapeuta, facilitadora do reencontro, autocñecemento, sexualidade e relacións humanas, formadora en igualdade de xénero, prevención das violencias machistas e coeducación emocional.
Separaron os grupos entre nenos e nenas dirixido cada un dos grupos por cada unha das educadoras. Este obradoiro durou aproximadamente dúas horas, durante as que se trataron temas como o ciclo menstrual, e as actitudes machistas e sexistas.
Tivemos unha resposta moi positiva por parte do alumnado, así coma por parte do profesorado, indicando que incluso se fixo corto.
Actividade cofinanciada con Fondos Finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.