Ola familias:
Neste ano 2024, grazas á Deputación da Coruña e a subvención de investimentos culturais, mercamos os seguintes materiais:
4 portátiles
1 ordenador sobremesa, pantalla, teclado e rato para o colaboraLAB
2 tablets
1 pantalla
O custo total deste material foi de 3.496,04 €. Este presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación cunha subvención de 1.600 €.
Con este material a nosa rapazada realiza distintas actividades e talleres en horario lectivo:
Programa dalle unha volta ao teu lecer:
-Actividades Audiovisuais dentro do Proxecto “Somos” O colexio desenvolve este ano o proxecto global “Somos cine e TV”, e desde a ANPA complementamos esta iniciativa cunha serie de obradoiros audiovisuais en colaboración coa produtora “Algarabía Animación”:
Obradoiros de análise dos contidos audiovisuais: Destinado ao alumnado da ESO, permitiu reflexionar sobre os contidos que consumen en televisión, cinema e redes sociais. O obxectivo foi promover un consumo crítico e consciente dos medios audiovisuais, analizando a calidade dos contidos, a súa influencia e os tempos de exposición.
Obradoiros de aprendizaxe audiovisual e creación de contidos: Dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e a todos os cursos da ESO, onde os participantes crearon pequenas pezas audiovisuais. A través deste proceso, aprenderon sobre preprodución (elaboración de guións, selección de materiais e espazos), técnicas de realización (stop-motion, mini vídeos, longametraxes, etc.), grabación e post-produción (edición e montaxe de vídeo).
-Actividade de Mecanografía En resposta á demanda das familias, realizamos unha actividade de mecanografía, xa que os estudantes cada vez presentan máis traballos en formato dixital, pero carecen dunha correcta formación no uso do teclado. Esta actividade buscou mellorar a súa competencia mecanográfica, evitando malos hábitos na escritura dixital.
Podedes ver todo material no arquivo adxunto.
Estes investimentos foron financiados pola deputación de A Coruña.


