Ola familias,
Coma xa sabedes o vindeiro domingo 30 de xuño poderemos gozar, un ano máis, da nosa tradicional Romaría con comichona, xeados e xogos.
O lugar de celebración da Romaría será o Parque da Torre de Celas de Peiro. Podedes ver como chegar neste mapa.
Lembrade que tedes a opción de contratar uns menús moi completos (empanada, croquetas, tortilla de patacas, pan e biscoito) ou levar a comida da casa.
Ademáis contaremos coa tradicional pulpeira e o tan exitoso carriño de xeados.
As bebidas (auga e cervexa), son de balde para todos os asistentes.
Este ano seguiremos traballando coas nosas fillas o respecto ao medio ambiente, polo que NON se darán pratos nin vasos de plástico. As familias que reserven menú terán que levar pratos e vasos para retirar os seus menús e bebidas.
Animádevos a participar coas vosas fillas no CONCURSO DE SOBREMESAS. Haberá agasallo de participación para todos os participantes, e 3 premios: MELLOR SABOR, MELLOR PRESENTACIÓN e MÁIS ORIXINAL. Lembrade que as sobremesas non deberán precisar neveira.
Contaremos ademais con xogos cos que podemos compartir momentos divertidos en familia.
Podedes facer a inscripción vía web na seguinte ligazón, antes do 20 de xuño, ou na entrada do colexio o vindeiro xoves 20 de xuño no horario habitual (entrada e saída dos nenos).
Se fas a inscrición online ofrecémosche a posibilidade de pagar en metálico ou por transferencia. Se optas por facer transferencia terás que enviar o xustificante da mesma a anpacio@gmail.com antes do día 20 de xuño. Aínda que a inscripción a fagas vía web, debes recoller os cupóns para canxear os menús, cervexa e racións de polbo o xoves 20 de xuño no cole.
Por favor, se coñecedes algunha familia non socia de ANPA ACIO interesada en inscribirse vía web dicídelle que pode esta ligazón
Os prezos son:
Actividade | idade | socios | Non socios |
Participación | Adultos | 3€ | 10€ |
Participación | Nenos | de balde | 6€ |
Menú (opcional) | Todos | 8€ | 13€ |
Pulpo (opcional) | Todos | 10€ | 15€ |
Agardamos que vos apeteza compartir co resto da familia Andaina este día de festa!!!
Recomendacións:
Levade manteis ou toallas para comer no chan, e podedes levar algo para poñer debaixo das mantas co fin de que non se mollen.
Levade mudas de roupa aos nenos e os maiores, e tamén pistolas de auga ;).
Non esquecerse de tirar o lixo.