ECOPARQUE E PARQUE DOS SENTIDOS

Aprendemos a convivir mediante a realización duha actividade deportiva noutro concello.
A actividade realizada foi una xornada no Ecoparque de Marín e no Parque dos sentidos na mesma vila. Na hora do almorzó nos xuntamos de novo no lago de Castiñeiras no que ademáis aproveitouse para coñecer mámoas e dólmenes da contorna.
Coma actividade no ecoparque podíase escoller entre facer circuito de tirolinas ou realizar un paseo e coidado de cabalos e ximcana; ou simplemente acompañar á rapazada namentres realizaba as actividades no ecoparque.
Esta actividade foi moi especial porque foi a primeira actividade deste tipo que se realizaba dende a pandemia. Notábase que a rapazada e os adultos necesitaban deste tipo de actividades no exterior que dan lugar a facer vencellos entre familias, coñecerse, pasar un día en familia namentres se realizan actividades deportivas.

Monitor explicando a un grupo de xente

Esta actividade a levamos realizando durante varios anos pois gusta moito. Foi tal a cantidade de xente que enchimos a quenda da mañá e houbo que habilitar una quenda de tarde adicional.
Coma incidencia comentar que houbo algunha baixa de última hora por culpa da covid, Xa están contempladas no reconto final de asistentes. O ecoparque fíxonos un abono desas persoas. Repetiremos de seguro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *