Seguimos coas actividades de darlle a volta ao lecer. Desta volta organizamos unha actividade para o alumnado da ESO.
Fixemos 6 sesións de 3 horas cada unha na semana do 10 de xuño. Asistiron 152 alumnos e alumnas da ESO.
Promovendo actividades diferentes para que todo o noso entorno poda disfrutar de propostas diferentes e fomentar o bo uso das novas tecnoloxías. Este ano lanzamos ligado ao Proxecto Somos “o Cine” para todo o alumnado de Secundaria un obradoiro con Algarabia Animación.
Unha forma de empregar e darlle un bo uso ás novas tecnoloxías e as ferramentas que hoxe teñen ao seu alcance sen limitarnos as RRSS e internet, que tanto lle gustan aos nosos rapaces e rapazas.

Tamén nos serviu para reforzar os perigos e as problemáticas ligadas a un mal emprego destas.

Esta actividade realizouse coa finanzación da Deputación de A Coruña.
