Os días 9, 10 e 16 de marzo visitáronos Raquel Queizás e Pedro Brandariz
Raquel Queizás divirtiunos co seu espectáculo SOMOS IGUAIS.
A rapazada de infantil puido disfrutar das aventuras de Queliña e aprendermos que somos iguais, e derrubar entre todas os estereotipos de xénero.
Tanto o alumnado, como as profesoras, como a mesma Raquel quedamos moi contentas pola experiencia e de seguro que repetiremos!!!
Tamén viu Pedro Brandariz, que nos contou dúas historias: Heroes e Heroas, e máis Non máis princesas. A rapazada de primaria, de tódalas idades, participou activamente e mesmo participaron nun debate!
Actividade cofinanciada con Fondos Finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.