Un ano máis volvemos contar con Jeanne Costa e a Federación de Planificación Familiar SEDRA para a realización do Obradoiro Conéctate con Cabeza.
Este obradoiro ofreceuse ás familias e levouse a cabo o día 16 de outubro de 17:00 a 19:00
Neste obradoiro resolvéronse dúbidas e ofrecéronse ferramentas que permiten abordar a educación sexual de forma axeitada, nesta ocasión incorporando a variable de internet e as redes sociais.
Este obradoiro non sería posible sen a colaboración da Consellería de Política Social e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.