Ciencia no cole

Realizamos dúas actividades científicas impartidas pola asociación Big Van Ciencia.

Por unha parte realizamos un espectáculo clown no que, por medio da experimentación e o xogo, a rapazada se converteu en científicas por un día: lanzando un cohete, comprendendo o universo, entender a táboa periódica…

A segúnda actividade foron monólogos científicos. Realizouse un espectáculo teatral para o alumnado da ESO. . Un espectáculo teatral cheo da ciencia máis punteira e o humor
máis intelixente. Unha maneira de aprender ciencia case sen que un se dea conta.
Falamos do ADN, enxeñería xenética, supernovas…

Esta actividade estivo subvencionada pola deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *