Un ano máis participamos na campaña “do 25N ao 8M”.
Esta campaña non sería posible sen a colaboración da Consellería de política social e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o pacto de estado contra a violencia de xénero.
Dende a ANPA colaboramos co centro facendo diferentes actividades para todos os cursos do centro, actividades que inclúen. contacontos, obradoiros, maxia… sempre poñendo o foco na igualdade.
Podedes ver as actividades deste ano no cartafol axunto.
Aprendizaxe de convivencia mediante a realización dunha actividade cultural familiar: Visita teatralizada por Suso Martínez do Centro da Coruña, na cal as familias puideron descubrir partes da súa cidade que descoñecían.
Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación de A Coruña.
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña
Neste ano 2023, grazas á Deputación da Coruña e a subvención de investimentos culturais, pudimos mercar o seguinte material:
– 2 dremmels
– 12 módulos motorbit microbit
– 2 puffs
– 4 bandexas para as mesas de luz mercadas o ano pasado
– Altavoz portátil e microfonía
– 30 Cadeiras-mesas
O custo total deste material foi de 3.230,72 €. Esta presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación cunha subvención de 2.220 €.
Con este material a nosa rapazada realiza distintas actividades e talleres en horario lectivo:
-Programa dalle unha volta ao teu lecer: Co que tentamos fomentar a lectura no alumnado, cos recunchos de lectura nos que empregamos os puffs e cadeiras-mesas, e tamén as competencias artística, científica…no recuncho steam-lab, no que cada ano tentamos incrementar o material, este ano mercamos 12 módulos motorbit microbit para a programación dos robots .
-Obradoiros Arte con luz: No que se empregan as mesas de luz para que o alumnado de educación infantil traballou a psicomotricidade fina, o pulso, e a concentraciónAdemáis o altavoz e toda a microfonía empregámolas nas festas (magosto, nadal, …), e tamén a pode empregar o propio alumnado no seu tempo de lecer. Podedes ver todo material no arquivo adxunto.
Por outra banda, tamén mercamos, fora da subvención mencionada, o seguinte material:
– Material de psicomotricidade para Educación Infantil: Círculos sensoriais, tunel de xogo
– Material funxible para o Colaboralab: chapas, láminas, rotuladores para lettering e ilustración
– Material de xogo para Educación Infantil: bicicletas, carretillas xigantes
O custo total destas actividades foi de 7.099,55 €. Esta presuposto cubriuse en gran parte grazas á Deputación cunha subvención de 5.084,44 € para a realización das mesmas.
Esta campaña non sería posible sen a colaboración da consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
As actividades deste ano:
As mulleres facemos historia: do 8 ao 31 de marzo
8M- Mulleres na historia: 8 de marzo
Contacontos pola igualdade, “aprendendo a querer” : 13 de marzo
Expectáculo de maxia: 14 de marzo
Contacontos pola igualdade, “familias diversas”: 14 de marzo
Contacontos pola igualdade, “O ratiño presumido”: 16 de marzo
Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito escolar”: 16 de marzo
Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito familiar e escolar”: 16 de marzo
Obradoiro temático: “Desmontando o imaxinario disney: xénero e violencia estética”: 17 de marzo
Obradoiro temático: “Amor romántico e autociodado: desmontando mitos”: 22 e 23 de marzo.
Aínda que xa o comentamos na Asemblea xeral realizada a semana pasada, gustaríanos trasladarvos, tamén por este medio, o equipamento que este ano mercamos, apoiados en parte pola subvención de investimentos da diputación de A Coruña do ano2022 que nos foi concedida.
Os investimentos foron:
3 mesas de luz, cun módulo extra de luz negra
3 robots
impresora 3D
1 impresora láser
1 máquina de chapas
1 enrutador
1 cortadora de fío quente
1 dremel
1 serra de marquetería
Con este material a nosa rapazada realiza distintas actividades e talleres en horario lectivo:
aprender o uso de impresora 3D
programación de robots
experiencias con mesas de luz
talleres “Do it yourself”
realización de creatividades e chapas
Como ben xa sabedes, cremos que índo da man enriquecemos todo o que se fai dentro da aula e así todos os nenos e nenas do cole poden gozar dunhas experiencias, que senon non poderían levarse a cabo. Grazas, de verdade a todas as familias socias, xa que é posible facer todo isto porque formades parte desta Anpa.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña
Estamos en loita contra o covid. Para poder levar a cabo as recomendacións sanitarias de seguridade dos alumnos mercamos xel hidroalcohólico, xel de mans e papel secamans.
Asemade, repartimos máscaras para toda a rapazada asociada.
Esperamos que estas medidas axuden a manter a raia ó virus e que todo o mundo esté ben !
Para esta actividae empregamos fondos da Deputación de A Coruña.
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.
Como xa seguramente sufríchedes, por culpa do virus, xa sexa por un novo confinamento, ou ben por unha corentena, o alumnado supoñemos que nalgún momento terá que estudar telemáticamente.
Como non queremos que ninguén quede excluído por mor de non ter o equipamento tecnolóxico dende a ANPA creamos un banco de tabletas. Fixemos a compra de 21 tabletas (Vankyo S20) e cedímolas ó colexio, desta forma poden ser aproveitadas mentras non teñan que ser cedidas a alguén por mor dun dos supostos anteriores (confinamento ou corentena)
Esta inversión realizouse co apoio da subvención de Investimentos Culturáis dentro das subvencións da Deputación de A Coruña.
Estamos seguros que estas tabletas axudarán a levalo ó mellor posible!