DALLE UNHA VOLTA AO TEU LECER: Contancontos en familia

Tivemos unha actividade moi concorrida. Unha vez que abrimos o seu lanzamento xa se completou o aforo da biblioteca.

Neste caso asistiron 27 pais e 33 nenos e nenas na primeiera edición e 28 adultos e 30 nenos e nenas na segunda.

Diurante todo o ano dámoslle unha volta as actividades para que os tempos de lecer sexan tamén de calidade e por iso no 2024 propuxemos uns contacontos na biblioteca para o alumnado de infantil e as súas familias: Contacontos con Susi, onde os nenos e nenas puideron gozar de historias que potencian a imaxinación, o pensamento crítico e a oralidade.

Contacontos con Alba, fomentando o interese pola lectura e a expresión oral mediante historias que fortalecen a creatividade e a comprensión.

Esta actividade puido realizarse grazas á colaboración da Deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Campaña do 25N ao 8M

Un ano máis participamos na campaña “do 25N ao 8M”.

Esta campaña non sería posible sen a colaboración da Consellería de política social e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o pacto de estado contra a violencia de xénero.

Dende a ANPA colaboramos co centro facendo diferentes actividades para todos os cursos do centro, actividades que inclúen. contacontos, obradoiros, maxia… sempre poñendo o foco na igualdade.

Podedes ver as actividades deste ano no cartafol axunto.

Pacto de estado contra la violencia de género
Ministerio de igualdad
Xunta de galicia. Consellería de política social e igualdade

Visita cultural a Coruña Máxica

Aprendizaxe de convivencia mediante a realización dunha actividade cultural familiar:
Visita teatralizada por Suso Martínez do Centro da Coruña, na cal as familias puideron descubrir partes da súa cidade que descoñecían.

Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación de A Coruña.

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Actividade: “Campaña do 25N ao 8M”

De novo iniciamos a campaña “do 25N ao 8M”

Esta campaña non sería posible sen a colaboración da consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As actividades deste ano:

  • As mulleres facemos historia: do 8 ao 31 de marzo
  • 8M- Mulleres na historia: 8 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “aprendendo a querer” : 13 de marzo
  • Expectáculo de maxia: 14 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “familias diversas”: 14 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “O ratiño presumido”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito escolar”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito familiar e escolar”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Desmontando o imaxinario disney: xénero e violencia estética”: 17 de marzo
  • Obradoiro temático: “Amor romántico e autociodado: desmontando mitos”: 22 e 23 de marzo.

Contacontos pola igualdade

Os días 9, 10 e 16 de marzo visitáronos Raquel Queizás e Pedro Brandariz

Raquel Queizás divirtiunos co seu espectáculo SOMOS IGUAIS.

A rapazada de infantil puido disfrutar das aventuras de Queliña e aprendermos que somos iguais, e derrubar entre todas os estereotipos de xénero.

Tanto o alumnado, como as profesoras, como a mesma Raquel quedamos moi contentas pola experiencia e de seguro que repetiremos!!!

Tamén viu Pedro Brandariz, que nos contou dúas historias: Heroes e Heroas, e máis Non máis princesas. A rapazada de primaria, de tódalas idades, participou activamente e mesmo participaron nun debate!

Actividade cofinanciada con Fondos Finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Contacontos!

Seguimos coas actividades dentro do marco da igualdade de xénero. Contando co financiamento do ministerio de igualdade e da secretaría xeral de igualdade da Xunta de Galicia desta volta facemos un contacontos.

Zeltia e Susi contaronnos o conto “Chivos e chivóns”, non importa se somos grandes, pequenas, altas, enorrrrrrmes … as nosas diferencias enriquécennos!.

O conto estivo orientado para o alumnado de educación infantil e o primeiro ciclo de primaria, e puideron acompañarnos 31 familias.

finanzamento contacontos
Operación cofinanciada con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero