Seguimos conectados!

Ola de novo familias.

Xa estamos por aquí de novo. Desta volta para informarvos que continuamos co traballo de Todo o mundo conectado!.

Desta volta invertimos os cartos en 5 portátiles (PORTATIL MEDION AKOYA E15301 MD62020 R5 8/256 GB). Estes portátiles poderán ser emprestados ao alumnado que o precise se ten que confinarse e traballar dende a casa.

todo o mundo conectado

Entre tanto, mentres que non se precisan, están cedidos ao colexio, de forma que o alumnado está a empregar os equipos na aula e no colabora-lab.

Coma sempre, este tipo de inversións non serían posibles sen a colaboración e o apoio da subvención de Investimentos Culturáis dentro das subvencións da Deputación de A Coruña. Logo da deputación

Un saúdo para todas e a seguir coidándose

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *