Ímonos de excursión

Ola familias, sabemos que tedes ganas de excursión, así que aquí vai a nosa proposta para o vindeiro domingo 26 de maio: unha xornada de ORIENTACIÓN e KAYAK no MANDEO!

Comezaremos á mañá ás 10.00 coa actividade de orientación:

  • Os menores de 8 anos farán o chamado “corralín de orientación”, que é unha proba onde se lles facita unha tarxeta con debuxos de animais e as nenas e nenos teñen que buscar no bosque, coa axuda dun mapa adaptado, as láminas deses animais que están sinalados no mapa. É unha proba moi divertida para os cativos!
  • Os maiores de 8 anos organizaranse en grupos de 4-5 persoas, combinando adultos e nenos, e tras unha pequena charla de iniciación á orientación na que aprenderemos unhas nocións básicas, faremos un percorrido de 1h e media nun circuito de balizas.
  • Mentres os maiores rematamos a nosa actividade os pequenos realizarán distintos xogos cos monitores.

Tras o almorzo, pola tarde, percorreremos a ría de Betanzos en Kayak. Aproveitaremos o paseo para descubrir as aves da contorna. Os Kayaks son dobres, os nenos menores de 10 anos terán que ir acompañados dun adulto no paseo.

En función da cantidade de xente que vaiamos, faremos tandas de paseo en kayak. A duración de cada unha é de 1 h e media aproximadamente.

Para almorzar podedes levar a vosa propia comida ou coller un menú consistente en tortilla, lacón, bebida e tarta larpeira.

Nesta ocasión o desplazamento corre a cargo das familias, cada un irá pola súa conta ata onde realizaremos as actividades.

Inscribídevos antes do 12 de maio, a través da seguinte ligazón.

Por favor, lede atentamente as instruccións que aparecen no formulario antes de cubrilo, e se tedes calqueira dúbida consultádenos en anpacio@gmail.com 

Os prezos da actividade son os seguintes: 

PrezosAdultosNenos
Socios108
Non Socios1512
Menú (opcional)105

Vémonos polo Mandeo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *