Concurso de mulleres científicas

Ola familias!
Queremos unha vez máis pedirvos a vosa participación nun proxecto en colaboración co centro e dirixido ao alumnado de secundaria.
Nesta ocasión convidamos á rapazada de secundaria a un concurso audiovisual relacionado coa temática de ” Mulleres Científicas”; concretamente dentro do proxecto final de Valores Sociais e Cívicos que leva a cabo a especialista en convivencia do centro (Vanesa García).
O alumnado xa coñece as bases e a dinámica do concurso; a súa participación no mesmo é voluntaria, por iso necesitamos a vosa colaboración para animar dende a casa a participar aos vosos nenos e nenas de secundaria.
Por outra banda, tamén necesitaremos da vosa axuda para participar coma xuices destas obras de arte que presentarán os diferentes grupos de secundaria. Teredes que votar a peza que máis vos guste por creativa, emotiva, técnicamente maxistral…e así poder premiar aos grupos gañadores. Así de sinxelo, ver os vídeos en familia e votar o que máis vos guste. Contamos convosco!
As votacións realizaranse sobre finais de Maio ou principios de Xuño. Avisaremos de como facelo polas canles habituais, así que estade atentas!
No documento adxunto podedes ver máis en detalle as bases e indicacións do concurso que lles dimos á rapazada.
Ah! E podedes estar tranquilos que non se publicará de forma externa, só para as familias de Andaina.
Grazas pola vosa axuda e bicos dende a Anpa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará