Colaboramos?

Ola!!!
Dende ANPA ACIO queremos darvos a benvida á pequena familia que formamos as nais e pais de Andaina. Queremos contarvos en qué cousiñas traballamos dende a nosa asociación e invitarvos a formar parte dela.
O máis importante para nós é colaborar coas propostas do cole, xa que creemos no proxecto que entre todas e todos creamos. Pararelamente facemos programas de formación de pais e nais, e as que máis nos enchen, son os obradoiros para desfrutar toda a familia, nais-pais e
fill@s; dentro desto último organizamos festas e convivencias, e como parte integrante da
comunidade educativa, participamos e informámosvos do día a día nela.


Organizamos e festexamos entre tod@s o Magosto, o día das Letras Galegas e a nosa xa
coñecida Romaría de fin de curso. No epígrafe de obradoiros de pais adentrámonos na
disciplina positiva, impartida por Bibiana Fernandez, e A educación sexual na infancia e na adolescencia, coa sexóloga Jeane Costa. Tamén corremos aventuras
viaxando e disfrutando no Ecoparque de Marín e o Parque dos Sentidos, no que o pasamos moi ben. E non nos podíamos olvidar dos máis pequenos, con contacontos na
biblioteca do cole.


Todas estas aventuras veñen subvencionadas en parte polo ANPA para os seus socios,
facendo así moi accesible o desfrute delas! Animádevos! Non vos arrepentiredes…
Ademáis, como xa comentábamos anteriormente todos os anos colaboramos económicamente co cole nalgún proxecto que nos parece interesante, e no que participan
todos os nenos de infantil, primaria e ESO; por iso, cantos máis sexamos, máis se beneficiarán os nos@s nen@s!
En cursos anteriores financiouse íntegramente dende a Anpa, nas etapas de infantil e
primaria:

  • “Escultura con refugallo do mar con Emile Girau”, na que participaron as dúas etapas durante distintas xornadas.
  • Os concertos de Lydia Botana e de Pesdelá cos que gozamos no Día das Letras Galegas.

Este tipo de actividades tan innovadoras e participativas non serían accesibles sen a colaboración das familias de Andaina, por iso queremos convidarvos unha vez máis a formar parte da gran familia ANPA ACIO.

Quero formar parte da anpa, como fago?

Baixa o formulario de inscricion e o consentimento informado (cousas da GRPD, seguro que xa sabes de que falamos) éncheos e 

  • Envíao por correo a anpacio@anpacio.org
  • Déixao no buzón da anpa ou
  • Dallo a alguén da directiva

Non te esquezas de firmalo!