Obradoiro “Educación nun mundo dixital e uso responsable de pantallas”

Actividade financiada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade

Desta volta acompañounos María Zabala, periodista e consultora de Comunicación especializada en alfabetización e cidadanía dixitais.

Nos falou dos pergos da rede, o uso excesivo de dispositivos e a sobre exposición a todo tipo de contenidos: discursos do odio, noticias falsas, pérdida de comunicación, cambios na aprendizaxe e na forma de relacionarnos… Todas estas coussas afectannos tanto a maiores coma a peqeuenas, ser padres nestes tesmpos é un reto ó que varias xeracións nos enfrontamos de formas diferentes.

Nestas charlas falouse de por que non fai falla ser informático para inculcar nos menores un uso seguro da tecnoloxía, falouse de fomentar unha vida conectaada responsable segura e positiva. Tivemos recomendacións para guiar ás nosas fillas no seu crecemento fronte as pantallas sendo resalistas e que nos permitan acompañalos en funcion da súa idade mentras aprenden a manexarse en internet.

Contacontos pola igualdade

actividade realizada grazas á colaboración da xunta de galicia e o ministerio de igualdade

Os días 9, 10 e 16 de marzo visitáronos Raquel Queizás e Pedro Brandariz

Raquel Queizás divirtiunos co seu espectáculo SOMOS IGUAIS.

A rapazada de infantil puido disfrutar das aventuras de Queliña e aprendermos que somos iguais, e derrubar entre todas os estereotipos de xénero.

Tanto o alumnado, como as profesoras, como a mesma Raquel quedamos moi contentas pola experiencia e de seguro que repetiremos!!!

Tamén viu Pedro Brandariz, que nos contou dúas historias: Heroes e Heroas, e máis Non máis princesas. A rapazada de primaria, de tódalas idades, participou activamente e mesmo participaron nun debate!

Obradoiro “eu e nos”

Actividade cofinanciada con fondos da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade

As amigas de Atalaia Social impartiron un obradoiro nos grupos do terceiro ciclo de educación primaria. Fíxose un obradoiro diferencial para nenos e nenas onde, a través dunha metodolixía socio afectiva, se trataron cuestións que afectan á identidade propia de cada sexo

O obradoiro estivo facilitado por un educador: Juanjo Lorenzo Castiñeiras, Doutor en ciencias da educación, sociólogo e especialista en intervención socioeducativa en feminismos, e unha educadora: Noelia Darriba García, educadora social e psicoterapeuta, facilitadora do reencontro, autocñecemento, sexualidade e relacións humanas, formadora en igualdade de xénero, prevención das violencias machistas e coeducación emocional.

Separaron os grupos entre nenos e nenas dirixido cada un dos grupos por cada unha das educadoras. Este obradoiro durou aproximadamente dúas horas, durante as que se trataron temas como o ciclo menstrual, e as actitudes machistas e sexistas.

Tivemos unha resposta moi positiva por parte do alumnado, así coma por parte do profesorado, indicando que incluso se fixo corto.