Todo o mundo conectado!

Ola compañeiras!

Como xa seguramente sufríchedes, por culpa do virus, xa sexa por un novo confinamento, ou ben por unha corentena, o alumnado supoñemos que nalgún momento terá que estudar telemáticamente.

Como non queremos que ninguén quede excluído por mor de non ter o equipamento tecnolóxico dende a ANPA creamos un banco de tabletas. Fixemos a compra de 21 tabletas (Vankyo S20) e cedímolas ó colexio, desta forma poden ser aproveitadas mentras non teñan que ser cedidas a alguén por mor dun dos supostos anteriores (confinamento ou corentena)

Tableta

Esta inversión realizouse co apoio da subvención de Investimentos Culturáis dentro das subvencións da Deputación de A Coruña. Logo deputación da Coruña

Estamos seguros que estas tabletas axudarán a levalo ó mellor posible!

Tableta

Asemblea xeral!

Boa tarde familias,

O vindeiro venres 25 de outubro terá lugar a Asemblea Anual de Soci@s ás 16.15. Uns días antes da Asamblea enviarémosvos un correo recordatorio da mesma.
Este ano haberá votación para elección de Xunta Directiva. As candidaturas que se queiran presentar deberán enviar un correo electrónico ao enderezo anpacio@gmail.com antes do día 20 de outubro. Unha vez recibidas as candidaturas enviarémosvos outro correo electrónico para que poidades ver as distintas opcións que se presentan.
Cada candidatura terá que estar composta por un mínimo de 7 socios, sinalando quén ocuparía os cargos de: Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e Vogais. É recomendable incluir na mesma unha pequena presentación para que o resto dos asociados vos coñezan.

A orde do día será a seguinte:

1-Lectura e aprobación da acta anterior. Estudo e aprobación se procede.
2-Presentación da memoria 2018-2019. Estudo e aprobación se procede.
3-Balance económico 2018-2019. Estudo e aprobación se procede.
4-Orzamentos 2019-2020. Estudo e aprobación se procede.
5-Actividades previstas 2019-2020. Estudo e aprobación se procede.
6-Solicitude de Subvencións. Estudo e aprobación se procede.
7-Presentación candidaturas da Nova Xunta Directiva. Votación, reconto e anuncio do resultado.
8-Rogos e preguntas