Voltamos coa campaña do 25N ao 8M
Comeza un curso novo, e retomamos a campaña que comezamos no curso anterior.
De volta grazas o financiamento do ministerio de igualdade e a secretaría de igualdade da Xunta de Galicia podemos continuar con estas actividades.
Neste curso faremos as seguintes actividades:
Novembro
- Difusión da campaña e photocall
- Exposición camiñando xuntas
- Encontro online
- Obradoiros e sensibilización contra as violencias machistas
- Semana das curtas contra as violencias machistas
Decembro
- Exposición na UDC mulleres e videoxogos
- Obradoiro de memes contra as violencias machistas
- Obradoiro mulleres e videoxogos

Contacontos!
Seguimos coas actividades dentro do marco da igualdade de xénero. Contando co financiamento do ministerio de igualdade e da secretaría xeral de igualdade da Xunta de Galicia desta volta facemos un contacontos.
Zeltia e Susi contaronnos o conto “Chivos e chivóns”, non importa se somos grandes, pequenas, altas, enorrrrrrmes … as nosas diferencias enriquécennos!.
O conto estivo orientado para o alumnado de educación infantil e o primeiro ciclo de primaria, e puideron acompañarnos 31 familias.






Campaña do 25N ao 8M
Co financiamento do ministerio de igualdade e da secretaría xeral de igualdade, comezamos coas actividades do 8M.
Nestes días, coa coordinación da especialista en igualdade Vanesa García Teijido (mestra especialista en audición e linguaxe, psicopedagoga, especialista en facilitacíon de grupos, formadora en ámbitos de mediación entre iguais e especialista en igualdade) poñemos en marcha as seguintes actividades:
- 8M: Difusión da campaña
- 9M: Lectura do manifesto e poema “HEROÍNAS”
- do 9M ao 18M: Mural “CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”
- 10M e 12M: Charla “LINGUAXE EXCLUSIVA NA FALA”
- 13M: Documental e coloquio “ARTE + MULLER”
- do 16M ao 25M: Exposición de 5º E.I. “CAMIÑANDO XUNTAS”
Campaña de memes “VISIBLES NA FALA” - 17M e 26M: Charlas de sensibilización “MULLERES NA ARTE”
- do 23M ao 31M: Exposición de arte “4 DE TANTAS….”
- 25M e 26M: Charlas de sensibilización “MULLERES NO MUNDO LABORAL”
Deixamos o arquivo coa explicación das actividades
