Cerebro e pantallas

De novo contamos coa neuroeducadora María Couso, que impartiu un Obradoiro sobre “Cerebro e pantallas”.

Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía introdúcese na vida das persoas cada vez a idades máis temperás e as pantallas acompañan as nosas crianzas dende o berce. Mais ¿sabemos realmente cales son as consecuencias cognitivas do seu uso nos primeiros anos de vida?
Moitos pais, nais e profesionais, levados pola falsa creencia de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos nenos neste mundo antes, polo feito de ser “nativos dixitais” pensando que xa están preparados de maneira diferente a cómo o estaban os cerebros das xeracións anteriores.

De ahí a gran importancia de compartir a rigurosidade científica para que nos aporte luz neste asunto e que nos leve a posicionarnos de maneira crítica e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.

O confinamento pola pandemia da COVID agravou o uso/abuso das pantallas. O peor de toda esta situación é que as consecuencias viviranse a largo prazo e, se cabe, xa será tarde.
Neste obradoiro tomaremos conciencia de tódalas consecuencias cognitivas do uso de pantallas nunha idade temperá dende a base neurocientífica e polo tanto obxectiva e fiable.

O Obradoiro foi moi interesante e dinámico. Tivo moi boa acollida e os asistentes xa preguntan polo seguinte Obradoiro de María Couso.

María Couso explicando o obradoiro a un conxunto de xente sentada nas cadeiras

Cerebro e adolescencia

Ola familias.

Nesta ocasión contamos coa neuroeducadora María Couso que impartiu un Obradoiro sobre “Cerebro
e Adolescencia” que nos fixo entender como medra o cerebro e os comportamentos intrínsecos a
esta etapa da vida.

O Obradoiro foi moi interesante e dinámico. Moita información para procesar en tan pouco tempo.
Recibimos moitas felicitacións polo Obradoiro. Algunha información que trasladaba a formadora non
era aplicable ao noso centro.

Obradoiro científico con Xurxo Mariño

De novo veu o neurocientífico Xurxo Mariño a ensinar á rapazada distitas curiosidades do mundo científico. É o segundo ano que contamos con el.

Segundo o nivel do alumnado impartiu obradoiros diferentes pois algún cursos xa tiveran a ocasión de velo o ano pasado tamén cunha actividade da ANPA.
Os obradoiros foron “A actividade eléctrica do sistema nervioso” e “Historias da ciencia cotiá: sobre rochas, meteoritos e minerais. Tivo mellor valoración, tanto por parte do alumnado coma do profesorado, o Obradoiro sobre o sistema nervioso pois era máis interactivo.