Obradoiro Conéctate con Cabeza

Desta volta realizamos o obradoiro “conéctate con cabeza”. Esta formación foi impartida por Jeanne Costa a través de SEDRA-Federación de Planificación Familiar.

Esta campaña non sería posible sen a colaboración da consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O obxectivo do obradoiro Conéctate con Cabeza é resolver as dúbidas e ofrecer ferramentas que permitan abordar a educación sexual de forma axeitada, nesta ocasión incorporando a variable de internet e redes sociais. 

O obradoiro é gratuíto e poderá participar toda a comunidade do colexio. Será realizado os días 21 e 22 de novembro 2023.

Logo del Pacto de estado contra la violencia de género
Logo ministerio de igualdad
Logo da consellería de promoción do emprego e igualdade

Actividade: “Campaña do 25N ao 8M”

De novo iniciamos a campaña “do 25N ao 8M”

Esta campaña non sería posible sen a colaboración da consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As actividades deste ano:

  • As mulleres facemos historia: do 8 ao 31 de marzo
  • 8M- Mulleres na historia: 8 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “aprendendo a querer” : 13 de marzo
  • Expectáculo de maxia: 14 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “familias diversas”: 14 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “O ratiño presumido”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito escolar”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito familiar e escolar”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Desmontando o imaxinario disney: xénero e violencia estética”: 17 de marzo
  • Obradoiro temático: “Amor romántico e autociodado: desmontando mitos”: 22 e 23 de marzo.

Cerebro e pantallas

De novo contamos coa neuroeducadora María Couso, que impartiu un Obradoiro sobre “Cerebro e pantallas”.

Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía introdúcese na vida das persoas cada vez a idades máis temperás e as pantallas acompañan as nosas crianzas dende o berce. Mais ¿sabemos realmente cales son as consecuencias cognitivas do seu uso nos primeiros anos de vida?
Moitos pais, nais e profesionais, levados pola falsa creencia de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos nenos neste mundo antes, polo feito de ser “nativos dixitais” pensando que xa están preparados de maneira diferente a cómo o estaban os cerebros das xeracións anteriores.

De ahí a gran importancia de compartir a rigurosidade científica para que nos aporte luz neste asunto e que nos leve a posicionarnos de maneira crítica e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.

O confinamento pola pandemia da COVID agravou o uso/abuso das pantallas. O peor de toda esta situación é que as consecuencias viviranse a largo prazo e, se cabe, xa será tarde.
Neste obradoiro tomaremos conciencia de tódalas consecuencias cognitivas do uso de pantallas nunha idade temperá dende a base neurocientífica e polo tanto obxectiva e fiable.

O Obradoiro foi moi interesante e dinámico. Tivo moi boa acollida e os asistentes xa preguntan polo seguinte Obradoiro de María Couso.

María Couso explicando o obradoiro a un conxunto de xente sentada nas cadeiras

Cerebro e adolescencia

Ola familias.

Nesta ocasión contamos coa neuroeducadora María Couso que impartiu un Obradoiro sobre “Cerebro
e Adolescencia” que nos fixo entender como medra o cerebro e os comportamentos intrínsecos a
esta etapa da vida.

O Obradoiro foi moi interesante e dinámico. Moita información para procesar en tan pouco tempo.
Recibimos moitas felicitacións polo Obradoiro. Algunha información que trasladaba a formadora non
era aplicable ao noso centro.

Obradoiro científico con Xurxo Mariño

De novo veu o neurocientífico Xurxo Mariño a ensinar á rapazada distitas curiosidades do mundo científico. É o segundo ano que contamos con el.

Segundo o nivel do alumnado impartiu obradoiros diferentes pois algún cursos xa tiveran a ocasión de velo o ano pasado tamén cunha actividade da ANPA.
Os obradoiros foron “A actividade eléctrica do sistema nervioso” e “Historias da ciencia cotiá: sobre rochas, meteoritos e minerais. Tivo mellor valoración, tanto por parte do alumnado coma do profesorado, o Obradoiro sobre o sistema nervioso pois era máis interactivo.

Obradoiro Covid

Grazas ao apoio da deputación de A CoruñaLogo da deputación puidemos facer un obradoiro covid, esta actividade está subvencionada pola deputación da Coruña.

Durante o verán e tamén previo ó inicio do curso, o colexio realizou formación en aspectos relacionados co covid tanto para o personal docente coma o non docente.

Existe moita información nos medios de comunicación, pero os constantes cambios, provocados pola evolución da pandemia, fixeron que dende o colexio se indicase ó ANPA levar a cabo un seminario para as familias. Grazas ós fondos da deputación de A Coruña o ANPA puido asumir o custo da formación permitindo, deste modo, ós pais e nais dos alumnos de Andaina levar a cabo dita formación.

A exposición estivo aberta para todas as familias do colexio, trescentras familias, aínda que debido á cantidade de asistentes non foi posible atender ás preguntas en directo.

Abriuse un correo, de forma permanente, para poder contestar ás dúbidas xurdidas en torno ó covid. O correo é comisioncovid@andaina.com

Obradoiro primeiros auxilios

Bo día familias,
Despois duns meses caladiños, que non quietos 😉, arrancamos coa Escola de Nais e Pais organizando un Obradoiro de Primeiros Auxilios e RCP en colaboración coa Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias -ASGATE-, coa intención de obter ou refrescar os coñecementos elementais para actuar en situacións de emerxencia.
Data:        14 de febreiro.
Hora:       16:30h.
Duración: 2 horas.
Lugar:      Instalacións cedidas polo colexio Andaina.
Prezo:     Actividade de balde.

Se queres inscribirte, só tes que cubrir este formulario. Xa que se trata dunha actividade de caracter gratuíto, coma sempre, terán prioridade as persoas socias da ANPA ACIO. No caso de que se supere o aforo permitido, realizarase un segundo obradoiro para as persoas que quedaron fóra.

Unha vez enviado o formulario, xa quedas anotado, non recibirás máis confirmación por mail. Só nos poñeremos en contacto coas personas que queden fóra no caso de superarse o aforo.
O formulario quedará aberto ata o mércores 12 de febreiro.

Un saúdo,

ANPA ACIO

Disciplina positiva, segunda parte.

Ola familias, tras o éxito do obradoiro de Disciplina Positiva do ano pasado e as múltiples solicitudes para facer o segundo obradoiro desta materia, o vindeiro mes de febreiro Bibiana Infante voltará a estar con nós para afianzar a Disciplina Positiva. Nesta ocasión farase un obradoiro de reforzo e práctica da Disciplina Positiva, profundizarase nesta metodoloxía educativa para a resolución de problemas cotiás (pelexas, celos, rutinas, tarefas, berros…). 1ª Xornada– Prácticar Ferramentas para a Conexión antes que a Correción nos problemas cotiás 2ª Xornada – Afianzar o enfoque en solucións. Asumir a nosa responsabilidade. Entender o proceso do cambio. Datos de interese: Datas de celebración: Venres 8 e 22 de febreiro Horario: De 17.00-19.30 Prezo: Socios 15 €/persoa. Non socios 25€/persoa Asistentes: Mínimo 20, máximo 40. Adxudicaranse as prazas por orde de inscrición, tendo preferencia os soci@s da ANPA. Podedes facer a vosa inscrición a través da seguinte ligazón:
Nesta ocasión o pago será realizado por transferencia e a inscrición soamente poderá ser via formulario online. Non se poñerá mesa da ANPA no corredor do colexio. Por favor non realicedes ningún pago ata que vos confirmemos a vosa praza. Un saúdo

Obradoiro Educación TICS

Ola familias,
Dende o ano pasado vimos observando que reclamades unha formación para nais e pais sobre internet, redes sociales, videoxogos e distintos recursos que engloban as TIC.
É por iso que vos propoñemos un Obradoiro de Educación das TICS. Grazas a colaboración do Concello da Coruña que puxo en marcha un programa no que puidemos participar.
Dentro do programa inclúense tamén obradoiros de formación para os nen@s da E.S.O., que lles impartirán no colexio.
As prazas son limitadas e, coma sempre, teñen prioridade as asociad@s. De ter moitas máis solicitudes que prazas xerarase unha lista de espera para poder repetir o Obradoiro noutra data.
Unha vez te inscribas terás que esperar a que te confirmemos se tes praza ou non.
O Obradoiro o impartirá Marta Vázquez, Psicóloga, que desenvolve a súa labor coma Educadora Social na Asociación ACLAD.

Os datos do Obradoiro son:
Data de celebración: Venres 19 de outubro
Hora: 17.00-18.30
Lugar: No colexio
Prezo: Gratuíto

Podes facer a preinscripción via formulario web, antes do martes 16 de outubro, no:

Formulario de inscrición

Para esta actividade non se poñerá mesa en frente de conserxería para as inscripcións, só se poden facer via formulario web.