Disciplina positiva, segunda parte.

Ola familias, tras o éxito do obradoiro de Disciplina Positiva do ano pasado e as múltiples solicitudes para facer o segundo obradoiro desta materia, o vindeiro mes de febreiro Bibiana Infante voltará a estar con nós para afianzar a Disciplina Positiva. Nesta ocasión farase un obradoiro de reforzo e práctica da Disciplina Positiva, profundizarase nesta metodoloxía educativa para a resolución de problemas cotiás (pelexas, celos, rutinas, tarefas, berros…). 1ª Xornada– Prácticar Ferramentas para a Conexión antes que a Correción nos problemas cotiás 2ª Xornada – Afianzar o enfoque en solucións. Asumir a nosa responsabilidade. Entender o proceso do cambio. Datos de interese: Datas de celebración: Venres 8 e 22 de febreiro Horario: De 17.00-19.30 Prezo: Socios 15 €/persoa. Non socios 25€/persoa Asistentes: Mínimo 20, máximo 40. Adxudicaranse as prazas por orde de inscrición, tendo preferencia os soci@s da ANPA. Podedes facer a vosa inscrición a través da seguinte ligazón:
Nesta ocasión o pago será realizado por transferencia e a inscrición soamente poderá ser via formulario online. Non se poñerá mesa da ANPA no corredor do colexio. Por favor non realicedes ningún pago ata que vos confirmemos a vosa praza. Un saúdo

Asemblea!

Ola familias.

O vindeiro venres 30 de novembro terá lugar a Asemblea Anual de Socias. Celebrarase ás 16:15 na aula de 4 de E.P., terá unha duración estimada máxima de unha hora e media.

A orde do día é a seguinte:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior. Estudo e aprobación se procede.
  2. Presentación da memoria 2017-2018. Estudo e aprobación se procede.
  3. Balance económico 2017-2018. Estudo e aprobación se procede.
  4. Orzamentos 2018-2019. Estudo e aprobación se procede.
  5. Actividades previstas 2018-2019. Estudo e aprobación se procede.
  6. Presentación da páxina web www.anpacio.org
  7. Cuestións de interés xeral.
  8. Rogos e preguntas.

Se queredes que se trate algún tema en particular, ou tedes algunha dúbida sobre algún tema en concreto agradeceríamos que nola enviasedes a anpacio@gmail.com

Asemade, recordámosvos que se deixades os nenos en merendiñas ese día poderán quedar na biblioteca, onde estarán acompañados polo persoal do colexio ata que remate a asemblea. Lembrámosvos que no caso de que quedasen a merendiñas no comedor, o custo é 2.5€, xa os levarían directamente á biblioteca despois da merenda. A hora límite para quedar os nenos e nenas na biblioteca é as 17:30.

Para facer uso deste servizo teredes que apuntar aos nenos e nenas en secretaría como moi tarde o mércores día 28

Vémonos!

Imos á casa do queixo

Bo día familias:

Sabemos que estades desexando facer unha saída en familia, por iso o vindeiro 25 de novembro, convidamos ás familias do cole a poder disfrutar dun día inesquecible.

Pasaremos a xornada na casa do queixo en Grixalba, onde realizaremos distintas actividades.

  • Roteiros ós muiños, aprendendo sobre da natureza, a través das lendas e as tradicións.
  • Transofrmación do leite en queixo, aprendendo e elaborandoo e desgustandoo ó final do proceso.
  • Xincana para coñecer prantas e construcións, así como os seus usos e historia.
  • Tamén haberá tempo para divertirnos con xogos dirixidos.

Samaín e magosto!

Ola familias,
Xa chega o outono e con él dúas das festas que máis lle gustan aos nen@s, o Samaín e o Magosto.

SAMAÍN


Dende hai uns anos, de xeito espontáneo, moitas familias do cole atópanse no Paseo Marítimo do Burgo o día de Samaín para celebralo cós veciños compartindo comida, xogos, contando contos ….
Dende ANPA ACIO propoñémosvos de novo formar parte desa xuntanza informal e quedar todos no Paseo Marítimo do Burgo e desfrutar dunha tarde en familia.
A ANPA non ten programada ninguna actividade especial, tan só poñemos voz a esa iniciativa co fin de que sexamos moitas as familias do cole que nos xuntemos para gozar desta tradición. .
O lugar de encontro será no Parque do Paseo Marítimo do Burgo o vindeiro mércores 31 de Outubro, normalmente a partires das 18.00h, que xa vai caendo a noitiña, empezan a chegar as primeiras Familias. Esperamos que vos guste a idea. E non esquezades traer as vosas cabazas e lanternas!

MAGOSTO

E se xa estamos metidos no Samaín, chega tamen o magosto, e por suposto, na ANPA ACIO queremos celebralo con castañas, chocolate e biscoito un ano mais.

Propoñémosvos unha xuntaza o venres 9 de novembro no Parque de Celas a partir das 17.00h (como chegar?). Se non chove estaremos no parque, e se chove celebraremos o Magosto na pista polideportiva que está a carón do mesmo.

Prezos Socios Non Socios
Adultos 5€ 8€
Nenos De balde 5€

Se vos inscribides online (neste formulario) e facedes o pago por transferencia o prezo redúcese en 1 €/persoa inscrita que pague. Por exemplo, 2 adultos socios+ 2 nenos socios, se pagan por transferencia, serían 10 €-2€ de desconto= 8 euros

Para esta actividade non recibiredes correo electrónico de confirmación. Todo o mundo que faga o pago darase xa por confirmado.

Tamén poderedes inscribirvos o martes 6 de novembro no hall do colexio e tamén no corredor superior onde están as clases de 3º a 6º EP, as 9.00 e 16.00h.

Vémonos no Samaín e no Magosto!

Obradoiro Educación TICS

Ola familias,
Dende o ano pasado vimos observando que reclamades unha formación para nais e pais sobre internet, redes sociales, videoxogos e distintos recursos que engloban as TIC.
É por iso que vos propoñemos un Obradoiro de Educación das TICS. Grazas a colaboración do Concello da Coruña que puxo en marcha un programa no que puidemos participar.
Dentro do programa inclúense tamén obradoiros de formación para os nen@s da E.S.O., que lles impartirán no colexio.
As prazas son limitadas e, coma sempre, teñen prioridade as asociad@s. De ter moitas máis solicitudes que prazas xerarase unha lista de espera para poder repetir o Obradoiro noutra data.
Unha vez te inscribas terás que esperar a que te confirmemos se tes praza ou non.
O Obradoiro o impartirá Marta Vázquez, Psicóloga, que desenvolve a súa labor coma Educadora Social na Asociación ACLAD.

Os datos do Obradoiro son:
Data de celebración: Venres 19 de outubro
Hora: 17.00-18.30
Lugar: No colexio
Prezo: Gratuíto

Podes facer a preinscripción via formulario web, antes do martes 16 de outubro, no:

Formulario de inscrición

Para esta actividade non se poñerá mesa en frente de conserxería para as inscripcións, só se poden facer via formulario web.