Voltamos coa campaña do 25N ao 8M

Comeza un curso novo, e retomamos a campaña que comezamos no curso anterior.

De volta grazas o financiamento do ministerio de igualdade e a secretaría de igualdade da Xunta de Galicia podemos continuar con estas actividades.

Neste curso faremos as seguintes actividades:

Novembro

  • Difusión da campaña e photocall
  • Exposición camiñando xuntas
  • Encontro online
  • Obradoiros e sensibilización contra as violencias machistas
  • Semana das curtas contra as violencias machistas

Decembro

  • Exposición na UDC mulleres e videoxogos
  • Obradoiro de memes contra as violencias machistas
  • Obradoiro mulleres e videoxogos
Operación cofinanciada con fondos finalistas do pacto de estado contra a violencia de xénero

Booooh

Se pensabades que iamos deixar pasar estas datas sen propoñervos
nada… estades tolos!
Esta fin de semana celébrase o Samaín, unha festa que nos entusiasma!
Coma este ano non nos vamos poder xuntar para facer festa, que vos parece se nos enviades unha foto dos vosos terroríficos calacús, da vosa rapazada desfrazada, ou do voso xeito especial de celebración neste ano?

Que a Covid non nos quite as ganas de festa!

Con todas as fotos recibidas faremos unha terrorífica montaxe que de seguro nos vai a encantar.
Podedes enviar as vosas fotos ata o luns 2 de novembro (incluído). Obviamente, non teñen que ser fotos directas dos nenos, podemos xogar cos ángulos, puntos de vista, e poden ser tamén sobre todo o que argalledes nesta finde, máscaras , calacús… dádelle o maxín!
De todos os xeitos, xa sabedes que sempre coidamos moito as fotos que empregamos e que non as imos a difundir en ningún medio, rede social ou similar, tan só as empregaremos para facer a montaxe que enviaremos a soci@s.


A ver se conseguimos arrancar un sorriso nestes días tan complicados.

Apertas dende o alén!!

Todo o mundo conectado!

Ola compañeiras!

Como xa seguramente sufríchedes, por culpa do virus, xa sexa por un novo confinamento, ou ben por unha corentena, o alumnado supoñemos que nalgún momento terá que estudar telemáticamente.

Como non queremos que ninguén quede excluído por mor de non ter o equipamento tecnolóxico dende a ANPA creamos un banco de tabletas. Fixemos a compra de 21 tabletas (Vankyo S20) e cedímolas ó colexio, desta forma poden ser aproveitadas mentras non teñan que ser cedidas a alguén por mor dun dos supostos anteriores (confinamento ou corentena)

Tableta

Esta inversión realizouse co apoio da subvención de Investimentos Culturáis dentro das subvencións da Deputación de A Coruña. Logo deputación da Coruña

Estamos seguros que estas tabletas axudarán a levalo ó mellor posible!

Tableta

Obradoiro Covid

Grazas ao apoio da deputación de A CoruñaLogo da deputación puidemos facer un obradoiro covid, esta actividade está subvencionada pola deputación da Coruña.

Durante o verán e tamén previo ó inicio do curso, o colexio realizou formación en aspectos relacionados co covid tanto para o personal docente coma o non docente.

Existe moita información nos medios de comunicación, pero os constantes cambios, provocados pola evolución da pandemia, fixeron que dende o colexio se indicase ó ANPA levar a cabo un seminario para as familias. Grazas ós fondos da deputación de A Coruña o ANPA puido asumir o custo da formación permitindo, deste modo, ós pais e nais dos alumnos de Andaina levar a cabo dita formación.

A exposición estivo aberta para todas as familias do colexio, trescentras familias, aínda que debido á cantidade de asistentes non foi posible atender ás preguntas en directo.

Abriuse un correo, de forma permanente, para poder contestar ás dúbidas xurdidas en torno ó covid. O correo é comisioncovid@andaina.com

O noso grao de area.

Boa tarde familias!

Que alegría volver a contactar con vós. Esperamos que esteades todos ben na casa,
levando o mellor posible esta situación tan extraña que nos tocou vivir.
Tal e como puidéchedes ver nas últimas circulares do cole, levamos tempo en
conversas coa dirección do colexio coa intención, canto menos de apoiar ao
profesorado, ao equipo directivo, PAS, e en definitiva a toda a Comunidade Educativa;
así coma de ofrecer a nosa axuda en calqueira cousa na que poidamos botar unha
man.

Neses videoencontros, nos que tamén participaban os representantes das nais e pais
do Consello Escolar, o representante da Cooperativa e o equipo de dirección do
centro; trasladouse a situación na que se atopa o colexio dende varios puntos de vista,
pola situación provocada en maior medida polo peche acontecido tras a pandemia da
Covid.


Pola súa parte, o cal é moi de agradecer, abriron as portas da súa “casa” todavía máis
do que xa estaban, co fin de que todos puidésemos entender mellor e coñecer dende
dentro o funcionamento do centro, dende o punto de vista pedagóxico, oganizativo e
tamén económico. Dese modo decatámonos do insuficiente que resulta o que aporta a
Xunta polo concerto educativo, sobre todo para un plantexamento dun centro como é o
noso. Comprobamos a enxeñería que fan para poder distribuir cada unha das tarifas
que pagamos para intentar asumir todos os costes do centro, cun ÚNICO FIN
COLECTIVO que é o Proxecto Educativo de Andaina; e como aínda así, moitas veces,
non é suficiente.


Despois deste peche de 4 meses, é moi doado de entender que a situación foi
complexa; aínda así, transmitíronnos a súa posivitividade, que están con forzas, e que
gracias a que tanto nós coma asociación, coma moitísimas mostras de apoio que
están a recibir por parte de todas as familias, de aquí sairemos todos máis
fortalecidos. Todos creemos que a nosa comunidade é moi valiosa e moi colaborativa,
xa o demostramos acompañando aos nosos nenos e nenas no seu paso polas
distintas etapas; e agora sabemos e estamos convencidos tamén de que coa axuda de
todas e todos atoparemos a mellor forma de encarar ese novo curso 2020/2021, que
canto menos vai ser distinto ao que estábamos acostumados.
Así xurdiu a idea de crear distintas comisións de traballo, para que sexa máis doado
de organizar e de canalizar a participación e aportación de ideas das familias ante esta
nova realidade educativa. Esperamos continuar recibindo as vosas propostas; non só
a nivel económico, tamén fan falla ideas xeniales, e sabemos que están agochadas en
moitas das vosas cabeciñas….
As familias que xa vos puxéchedes en contacto con nós para aportar ideas,
comentarvos que todas elas as faremos chegar ás distintas comisións, e tamén
aproveitamos para agradecer a vosa implicación.
Pero á marxe de continuar traballando xunto co colexio, dende a Xunta Directiva
querémosvos facer a seguinte proposta:
Neste curso 2019-2020 que estamos a piques de rematar, soamente nos deu tempo a
facer as actividades do primeiro trimestre e algunha do segundo, polo que quedaron
pospostas nun principio, e agora anuladas todas elas. Esas actividades eran as que
implicaban un aporte económico, pola nosa parte, bastante elevado.
Este feito, ademáis de que este ano contamos cos ingresos das dúas subvencións que
nos concederon o Concello e a Deputación no curso pasado; permítenos certo
desafogo para encarar o curso que ven; tendo en conta os fondos actuais da ANPA.


Asemade, é moi posible que o primeiro trimestre do curso que ven, sexa moi difícil
realizar actividades colectivas; é por iso que, dende a Xunta Directiva parécenos que
poderíamos facer unha aportación económica ao centro, e que poidan dispor dende
xa desa axuda e o empreguen para solventar parte das obras que tiñan previstas facer
para ampliar o espazo de xardín, que tanta falla nos fará nesta nova etapa que vai a
comezar.


Gustaríanos que fose o máximo posible, sen que supoña un problema para nós coma
asociación nos vindeiros meses. Despois de darlle moitas voltas, cremos que un 70%
dos fondos é a proposta que nos gustaría trasladarlles. Máis como estamos a falar de
cantidades elevadas e os cartos son de todos os socios e socias, e nós coma Xunta
Directiva simplemente os xestionamos o mellor que sabemos, queremos sometelo á
vosa votación.


Ao voso correo chegaravos un enlace para participar na enquisa, estará aberta ata o martes 2 de xuño, xa que canto antes o sepamos, antes se poderá empezar a traballar nas propostas de cara o curso próximo.
Sabemos que esta aportación non vai a ser a solución para todos os cambios que
probablemente traia o vindeiro curso, pero sí aportará un graíño de area para poder
levar a cabo esas actuacións de mellora do espazo exterior, sempre tan necesario
pero nesta situación moito máis, que o mellor se non, terían que quedar en pausa.
Esta aportación non nos vai a quitar tampouco de facer actividades de cara ao vindeiro
curso, pois son os cartos que íamos a empregar nas actividades que non se puideron
levar a cabo, e sabemos que todas e todos nós seguiremos o curso que ven na
asociación.
Moitas grazas!!!!
O mércores comunicaremos o resultado da decisión de todas as familias socias!
Unha aperta,

Contacontos!

Seguimos coas actividades dentro do marco da igualdade de xénero. Contando co financiamento do ministerio de igualdade e da secretaría xeral de igualdade da Xunta de Galicia desta volta facemos un contacontos.

Zeltia e Susi contaronnos o conto “Chivos e chivóns”, non importa se somos grandes, pequenas, altas, enorrrrrrmes … as nosas diferencias enriquécennos!.

O conto estivo orientado para o alumnado de educación infantil e o primeiro ciclo de primaria, e puideron acompañarnos 31 familias.

finanzamento contacontos
Operación cofinanciada con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Campaña do 25N ao 8M

Co financiamento do ministerio de igualdade e da secretaría xeral de igualdade, comezamos coas actividades do 8M.

Nestes días, coa coordinación da especialista en igualdade Vanesa García Teijido (mestra especialista en audición e linguaxe, psicopedagoga, especialista en facilitacíon de grupos, formadora en ámbitos de mediación entre iguais e especialista en igualdade) poñemos en marcha as seguintes actividades:

  • 8M: Difusión da campaña
  • 9M: Lectura do manifesto e poema “HEROÍNAS”
  • do 9M ao 18M: Mural “CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”
  • 10M e 12M: Charla “LINGUAXE EXCLUSIVA NA FALA”
  • 13M: Documental e coloquio “ARTE + MULLER”
  • do 16M ao 25M: Exposición de 5º E.I. “CAMIÑANDO XUNTAS”
    Campaña de memes “VISIBLES NA FALA”
  • 17M e 26M: Charlas de sensibilización “MULLERES NA ARTE”
  • do 23M ao 31M: Exposición de arte “4 DE TANTAS….”
  • 25M e 26M: Charlas de sensibilización “MULLERES NO MUNDO LABORAL”

Deixamos o arquivo coa explicación das actividades

Operación cofinanciada con fondos finalistas do pacto de estado contra a violencia de xénero

Obradoiro primeiros auxilios

Bo día familias,
Despois duns meses caladiños, que non quietos 😉, arrancamos coa Escola de Nais e Pais organizando un Obradoiro de Primeiros Auxilios e RCP en colaboración coa Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias -ASGATE-, coa intención de obter ou refrescar os coñecementos elementais para actuar en situacións de emerxencia.
Data:        14 de febreiro.
Hora:       16:30h.
Duración: 2 horas.
Lugar:      Instalacións cedidas polo colexio Andaina.
Prezo:     Actividade de balde.

Se queres inscribirte, só tes que cubrir este formulario. Xa que se trata dunha actividade de caracter gratuíto, coma sempre, terán prioridade as persoas socias da ANPA ACIO. No caso de que se supere o aforo permitido, realizarase un segundo obradoiro para as persoas que quedaron fóra.

Unha vez enviado o formulario, xa quedas anotado, non recibirás máis confirmación por mail. Só nos poñeremos en contacto coas personas que queden fóra no caso de superarse o aforo.
O formulario quedará aberto ata o mércores 12 de febreiro.

Un saúdo,

ANPA ACIO

Chega o entroido!!!

Bo día familias,

Como ven sendo tradición polo Entroido, as nais e pais máis marchosos gostamos de facer unha actuación para as nosas crianzas. Algo que nin pequenos nin maiores esquecemos. Así que vos convidamos a pasalo ben creando, ensaiando e actuando para as persoas máis queridas do cole.
Se isto vai contigo e queres colaborar, manda un mail esta semana a anpacio@anpacio.org, indicando o teu nome, número de móvil (dando consentimento para meterte nun grupo de whatsapp so empregado para o entroido), o nome das túas crianzas e o nome  da aula a que pertencen.

Veña, anímate a pasalo ben con nos!

Unha aperta,
ANPA ACIO

Asemblea Xeral Ordinaria

Ola  familias!

Como xa sabedes, o vindeiro venres 25  de outubro terá lugar a Asemblea Anual de Socias, que se celebrará ás 16:15 na aula de 6º E.P. Terá unha duración estimada  de unha hora e cuarto.

Se queredes que se trate algún tema en particular, ou tedes alguna dúbida sobre algún tema en concreto, agradeceriamos que nolo enviasedes a anpacio@gmail.com.

Na seguinte ligazón podedes atopar a memoria do curso 2018-2019

Asemade, recordámosvos, que se queredes, ese día podedes facer uso do servizo de merendiñas avisando en secretaría como moi tarde o mércores 23 e asumindo vós o custo da merenda. Estarán acompañados por persoal do colexio ata que remate a asemblea. No caso de que quedasen a merendiñas no comedor xa os levarían directamente á biblioteca despois da merenda. Ademais deberedes indicar se queredes que os e as vosas peques queden despois da merenda na biblioteca, de xeito que  estarán acompañados por persoal do colexio ata ás 17:30.

Non será preciso votar para as candidaturas, xa que só se presentou unha.
Vémonos na asemblea!