FESTA!

Ola familias,

Coma xa sabedes o vindeiro domingo 30 de xuño poderemos gozar, un ano máis, da nosa tradicional Romaría con comichona, xeados e xogos.

O lugar de celebración da Romaría será o Parque da Torre de Celas de Peiro. Podedes ver como chegar neste mapa.

Lembrade que tedes a opción de contratar uns menús moi completos (empanada, croquetas, tortilla de patacas, pan e biscoito) ou levar a comida da casa.

Ademáis contaremos coa tradicional pulpeira e o tan exitoso carriño de xeados.

As bebidas (auga e cervexa), son de balde para todos os asistentes.

Este ano seguiremos traballando coas nosas fillas o respecto ao medio ambiente, polo que NON se darán pratos nin vasos de plástico. As familias que reserven menú terán que levar pratos e vasos para retirar os seus menús e bebidas.

Animádevos a participar coas vosas fillas no CONCURSO DE SOBREMESAS. Haberá agasallo de participación para todos os participantes, e 3 premios: MELLOR SABOR, MELLOR PRESENTACIÓN e MÁIS ORIXINAL. Lembrade que as sobremesas non deberán precisar neveira.

Contaremos ademais con xogos cos que podemos compartir momentos divertidos en familia.

Podedes facer a inscripción vía web na seguinte ligazón, antes do 20 de xuño, ou na entrada do colexio o vindeiro xoves 20 de xuño no horario habitual (entrada e saída dos nenos).

Se fas a inscrición online ofrecémosche a posibilidade de pagar en metálico ou por transferencia. Se optas por facer transferencia terás que enviar o xustificante da mesma a anpacio@gmail.com antes do día 20 de xuño. Aínda que a inscripción a fagas vía web, debes recoller os cupóns para canxear os menús, cervexa e racións de polbo o xoves 20 de xuño no cole.

Por favor, se coñecedes algunha familia non socia de ANPA ACIO interesada en inscribirse vía web dicídelle que pode esta ligazón

Os prezos son:

ActividadeidadesociosNon socios
ParticipaciónAdultos3€10€
ParticipaciónNenosde balde6€
Menú
(opcional)
Todos8€13€
Pulpo
(opcional)
Todos10€15€

Agardamos que vos apeteza compartir co resto da familia Andaina este día de festa!!!

Recomendacións:
Levade manteis ou toallas para comer no chan, e podedes levar algo para poñer debaixo das mantas co fin de que non se mollen.
Levade mudas de roupa aos nenos e os maiores, e tamén pistolas de auga ;).

Non esquecerse de tirar o lixo.

Romería, romería

Ola familias,
Chegou o momento que estabades a desexar. Chega a tan esperada Romería de fin de curso, e despedir por todo o alto este fantástico ano escolar de Fantasía, así que imosvos dar a data para que a poidades axendar.
A Romería celebrarase no parque da Torre de Celas o vindeiro Domingo 30 de xuño. Si, sabemos que este ano vaise celebrar máis tarde do habitual, mais despois dunha serie de problemiñas é a data que nos facilitou o Concello para esta ocasión.
Esperamos contar igualmente con todas as familias!
Aínda nos quedan uns flecos por concretar, polo que dentro duns días enviarémosvos toda a información sobre a Romería e a ligazón para poder inscribirse.

Vémonos na Romería!

Ímonos de excursión

Ola familias, sabemos que tedes ganas de excursión, así que aquí vai a nosa proposta para o vindeiro domingo 26 de maio: unha xornada de ORIENTACIÓN e KAYAK no MANDEO!

Comezaremos á mañá ás 10.00 coa actividade de orientación:

  • Os menores de 8 anos farán o chamado “corralín de orientación”, que é unha proba onde se lles facita unha tarxeta con debuxos de animais e as nenas e nenos teñen que buscar no bosque, coa axuda dun mapa adaptado, as láminas deses animais que están sinalados no mapa. É unha proba moi divertida para os cativos!
  • Os maiores de 8 anos organizaranse en grupos de 4-5 persoas, combinando adultos e nenos, e tras unha pequena charla de iniciación á orientación na que aprenderemos unhas nocións básicas, faremos un percorrido de 1h e media nun circuito de balizas.
  • Mentres os maiores rematamos a nosa actividade os pequenos realizarán distintos xogos cos monitores.

Tras o almorzo, pola tarde, percorreremos a ría de Betanzos en Kayak. Aproveitaremos o paseo para descubrir as aves da contorna. Os Kayaks son dobres, os nenos menores de 10 anos terán que ir acompañados dun adulto no paseo.

En función da cantidade de xente que vaiamos, faremos tandas de paseo en kayak. A duración de cada unha é de 1 h e media aproximadamente.

Para almorzar podedes levar a vosa propia comida ou coller un menú consistente en tortilla, lacón, bebida e tarta larpeira.

Nesta ocasión o desplazamento corre a cargo das familias, cada un irá pola súa conta ata onde realizaremos as actividades.

Inscribídevos antes do 12 de maio, a través da seguinte ligazón.

Por favor, lede atentamente as instruccións que aparecen no formulario antes de cubrilo, e se tedes calqueira dúbida consultádenos en anpacio@gmail.com 

Os prezos da actividade son os seguintes: 

PrezosAdultosNenos
Socios108
Non Socios1512
Menú (opcional)105

Vémonos polo Mandeo!

Estamos a preparar o entroido

Estamos a preparar a nosa actuación do entroido. Este ano imos facer unha obra propria cunha temática fantástica. Unha obra que perdurará no imaxinario xeral.

Como seguro que queres participar, se aínda non o fixeches, únete a nos, fala con calqueira de nos por calqueira das canles oficiais porque temos un sitio pra ti.

Tamén podes vir á biblioteca o venres 22 e vemos como buscarte sitio.

Disciplina positiva, segunda parte.

Ola familias, tras o éxito do obradoiro de Disciplina Positiva do ano pasado e as múltiples solicitudes para facer o segundo obradoiro desta materia, o vindeiro mes de febreiro Bibiana Infante voltará a estar con nós para afianzar a Disciplina Positiva. Nesta ocasión farase un obradoiro de reforzo e práctica da Disciplina Positiva, profundizarase nesta metodoloxía educativa para a resolución de problemas cotiás (pelexas, celos, rutinas, tarefas, berros…). 1ª Xornada– Prácticar Ferramentas para a Conexión antes que a Correción nos problemas cotiás 2ª Xornada – Afianzar o enfoque en solucións. Asumir a nosa responsabilidade. Entender o proceso do cambio. Datos de interese: Datas de celebración: Venres 8 e 22 de febreiro Horario: De 17.00-19.30 Prezo: Socios 15 €/persoa. Non socios 25€/persoa Asistentes: Mínimo 20, máximo 40. Adxudicaranse as prazas por orde de inscrición, tendo preferencia os soci@s da ANPA. Podedes facer a vosa inscrición a través da seguinte ligazón:
Nesta ocasión o pago será realizado por transferencia e a inscrición soamente poderá ser via formulario online. Non se poñerá mesa da ANPA no corredor do colexio. Por favor non realicedes ningún pago ata que vos confirmemos a vosa praza. Un saúdo