Obradoiro Conéctate con Cabeza

Desta volta realizamos o obradoiro “conéctate con cabeza”. Esta formación foi impartida por Jeanne Costa a través de SEDRA-Federación de Planificación Familiar.

Esta campaña non sería posible sen a colaboración da consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O obxectivo do obradoiro Conéctate con Cabeza é resolver as dúbidas e ofrecer ferramentas que permitan abordar a educación sexual de forma axeitada, nesta ocasión incorporando a variable de internet e redes sociais. 

O obradoiro é gratuíto e poderá participar toda a comunidade do colexio. Será realizado os días 21 e 22 de novembro 2023.

Logo del Pacto de estado contra la violencia de género
Logo ministerio de igualdad
Logo da consellería de promoción do emprego e igualdade

Actividade: “Campaña do 25N ao 8M”

De novo iniciamos a campaña “do 25N ao 8M”

Esta campaña non sería posible sen a colaboración da consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia, o ministerio de igualdade do goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As actividades deste ano:

  • As mulleres facemos historia: do 8 ao 31 de marzo
  • 8M- Mulleres na historia: 8 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “aprendendo a querer” : 13 de marzo
  • Expectáculo de maxia: 14 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “familias diversas”: 14 de marzo
  • Contacontos pola igualdade, “O ratiño presumido”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito escolar”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Prevención dos TCA no ámbito familiar e escolar”: 16 de marzo
  • Obradoiro temático: “Desmontando o imaxinario disney: xénero e violencia estética”: 17 de marzo
  • Obradoiro temático: “Amor romántico e autociodado: desmontando mitos”: 22 e 23 de marzo.

O concurso NaturalizARTE

Como xa vos contamos organizamos un concurso artístico entre o alumnado da ESO en coordinación coa asignatura de Valores.

O concurso denominouse “Naturalizarte” e é o II concurso audiovisual da Anpa e consistíu
na presentación dun proxecto orixinal sobre algún tema ambiental.

Había 3 categorías:
fotografía, curtametraxe e pictórica, (puidendo misturar técnicas).

Para escollera os gañadores de cada categoría foi una votación entre as familias asociadas á ANPA.
Puideron participar todos os alumnos de Educación Secundaria, e se o desexaban, este traballo lles servía para a materia de Valores.
Podía ser traballo individual ou colectivo (ata 6 membros).
Os gañadores podían escoller o premio entre un scape room ou a actividade de Humor Amarelo

Material de investimentos

Ola familias:

Aínda que xa o comentamos na Asemblea xeral realizada a semana pasada, gustaríanos trasladarvos, tamén por este medio, o equipamento que este ano mercamos, apoiados en parte pola subvención de investimentos da diputación de A Coruña do ano2022 que nos foi concedida.

Os investimentos foron:

  • 3 mesas de luz, cun módulo extra de luz negra
    Mesas de luz
  • 3 robots
    2 robots coche un de cor rosa e un de cor azul
  • impresora 3D
  • 1 impresora láser
  • 1 máquina de chapas
  • 1 enrutador
  • 1 cortadora de fío quente
  • 1 dremel
  • 1 serra de marquetería

Con este material a nosa rapazada realiza distintas actividades e talleres en horario lectivo:

  • aprender o uso de impresora 3D
  • programación de robots
  • experiencias con mesas de luz
  • talleres “Do it yourself”
  • realización de creatividades e chapas

Como ben xa sabedes, cremos que índo da man enriquecemos todo o que se fai dentro da aula e así todos os nenos e nenas do cole poden gozar dunhas experiencias, que senon non poderían levarse a cabo. Grazas, de verdade a todas as familias socias, xa que é posible facer todo isto porque formades parte desta Anpa.

Esta actividade está subvencionada pola Deputación da CoruñaLogo da deputación

Cerebro e pantallas

De novo contamos coa neuroeducadora María Couso, que impartiu un Obradoiro sobre “Cerebro e pantallas”.

Vivimos nun mundo onde a tecnoloxía introdúcese na vida das persoas cada vez a idades máis temperás e as pantallas acompañan as nosas crianzas dende o berce. Mais ¿sabemos realmente cales son as consecuencias cognitivas do seu uso nos primeiros anos de vida?
Moitos pais, nais e profesionais, levados pola falsa creencia de que a tecnoloxía é sinónimo de desenvolvemento, introducen aos nenos neste mundo antes, polo feito de ser “nativos dixitais” pensando que xa están preparados de maneira diferente a cómo o estaban os cerebros das xeracións anteriores.

De ahí a gran importancia de compartir a rigurosidade científica para que nos aporte luz neste asunto e que nos leve a posicionarnos de maneira crítica e reflexiva ante os acontecementos que nos rodean.

O confinamento pola pandemia da COVID agravou o uso/abuso das pantallas. O peor de toda esta situación é que as consecuencias viviranse a largo prazo e, se cabe, xa será tarde.
Neste obradoiro tomaremos conciencia de tódalas consecuencias cognitivas do uso de pantallas nunha idade temperá dende a base neurocientífica e polo tanto obxectiva e fiable.

O Obradoiro foi moi interesante e dinámico. Tivo moi boa acollida e os asistentes xa preguntan polo seguinte Obradoiro de María Couso.

María Couso explicando o obradoiro a un conxunto de xente sentada nas cadeiras

Concurso!!!

Ola familias!
Unha vez máis pedimos a vosa colaboración para un proxecto conxunto co centro para a rapazada de secundaria na área de convivencia.
Necesitamos que votedes no cuestionario os vosos proxectos preferidos nas categorías pictórica, fotográfica e dixital para o concurso Naturalizarte (con temática de sensibilización medioambiental).
Os proxectos favoritos poderán compartir unha experiencia de actividade conxunta con 6 compañeiros/as (humor amarelo ou scaperoom).

As normas son as seguintes:
Tedes que cubrir cun voto cada categoría, algúns proxectos están en varias categorías, xa que mesturaron técnicas e podédelas votar en todas as que aparezan (non son excluíntes).
Só se contabilizará un formulario familia asociada.
As votacións rematarán o mércores 15 de xuño.

Así que non o dubidedes, votade e facede que a rapazada de secundaria acabe o curso celebrando!
Podedes votar na seguinte ligazón:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe7qoQLe2eeJvDjR3C97eh88MxjNvcu8W_VDDMp4SLzZfb-JA/viewform

Unha aperta e grazas por participar!

Un saúdo,

Xornada de orientación

Aprendizaxe de convivencia mediante a realización dunha actividade no rural que ten actividades enroladas dentro do aprendizaxe da natureza, xogos populares, convivencia, etc.

Dous adultos e tres rapaces camiñando por un sendeiro

Nesta ocasión escollimos o encoro de Beche (concello de Abegondo) para realizar una xornada de orientación e convivencia coa rapazada e familias. Despois fixemos xogos populares en familia e o posterior almorzo colectivo

Unha persoa lanzando cun arco a unha diana que está no chan

As actividades foron moi divertidas e a orientación sempre da moito xogo. Xa fixeramos esta actividade noutra ocasión e de seguro repetiremos. A mágoa é que case non viñeron familias de secundaria.

Letras galegas

Valorizamos a língua, cultura e tradicións de Galicia a través dos festexos das letras galegas e coa actuación do grupo “Migallas” na etapa de educación infantil, que levou a cabo o espectáculo “Cantaxoga”.

Estaba previsto facer unha actuación na etapa de primaria pero por motivos organizativos do centro decidiuse non facer a actuación pois a propia celebración do colexio non deixaba tempo para facelo.
Polo protocolo covid vixente nese momento non puidemos as nais e pais acompañar á rapazada no concerto, que sería o habitual

A rapazada quedou encantada. A música e o teatro son un método de achegar a língua á cativada que sempre ten moi boa acollida.

Cerebro e adolescencia

Ola familias.

Nesta ocasión contamos coa neuroeducadora María Couso que impartiu un Obradoiro sobre “Cerebro
e Adolescencia” que nos fixo entender como medra o cerebro e os comportamentos intrínsecos a
esta etapa da vida.

O Obradoiro foi moi interesante e dinámico. Moita información para procesar en tan pouco tempo.
Recibimos moitas felicitacións polo Obradoiro. Algunha información que trasladaba a formadora non
era aplicable ao noso centro.